O LUGAR DA MÚSICA
A música evoca, emociona, distrae, anima e acompaña, mais hai unha cousa que a música non pode facer: a música non se pode ver, e iso, nunha sociedade tan atrapada como a nosa polo impulso voyeur, resulta profundamente desconcertante; tanto que moitas veces pechamos os ollos cando escoitamos música, cando bailamos, para non ver ren e sentir mellor unha canción, unha melodía, un ritmo. Hai veces, no entanto, que as imaxes axudan a potenciar as sensacións que transmite... Ler máis
TRANSEÚNTES, de Luis Aller
A aparición na carteleira dunha película que leva 20 anos na súa elaboración sempre é unha boa noticia, máis aínda se provén dun director e unha equipa que demostran unha filiación cinéfila que traspasa a contorna da sala para chegar ás aulas, os seminarios e outros ámbitos de formación. Cómpre recordar aquí que o valente proxecto levado a cabo pola produtora El dedo en el Ojo nútrese principalmente de profesionais que traballan na escola de cine Bande à part,... Ler máis
LOS HONGOS, de Óscar Ruiz Navia
Unha constante actual en occidente é dar marcha atrás en materia de liberdade cidadá, como apuntan as protestas estudantís do pasado ano en México ou a aprobación da Lei Mordaza hai apenas uns meses en España. Porén, contra estas políticas da opresión e do medo, xorden movementos subterráneos que se moven por debaixo dun sistema corrupto e obsoleto á procura de novas vías de expresión. Ras e Calvin, os protagonistas de Los Hongos (Óscar Ruiz Navia, 2014), son dous... Ler máis
ENTRE O RURAL E O URBANO
A representación do barrio moderno en Os Verdes Anos Ler o artigo orixinal en portugués A análise que segue sobre Os Verdes Anos (Paulo Rocha, 1963) ten como base a representación do barrio como elemento central da paisaxe urbana lisboeta a comezos dos anos sesenta. Considerado como un dos traballos máis relevantes do Novo Cinema Portugués, a primeira longametraxe de Paulo Rocha explora mediante unha sofisticada posta en escena a transformación urbana que sofreu a cidade... Ler máis
郊遊 (STRAY DOGS), de Tsai Ming-liang
Soñan os humanos con paisaxes pintadas? -Que caste de cadros? – Paisaxes. – Síntoo, non teño paisaxes. Blow Up (Michelangelo Antonioni, 1966) ——————————————————– I’m not in love with the modern world, I’m not in love with the modern world, It was a torch driving the savages back to the trees Wolf Parede, Modern Times —————————————– A... Ler máis
Procesos #18 – Jonás Trueba
Jonás Trueba (Madrid, 1981) é un dos directores máis renovadores do panorama español actual. Logo de debutar en 2010 na longametraxe con Todas las canciones hablan de mí, unha película xeracional sobre a dificultade de manter viva unha longa relación de parella, volveu este ano á carga con Los ilusos. Un filme moito máis libre, sen guión tradicional, que mestura actores profesionais con outros amateur, no ambiente do Madrid cinéfilo no que el se move día a día.... Ler máis
J.P. Sniadecki: “As nosas influencias fóronse afastando co tempo dun tipo de documental máis convencional” (2/2)
Vén da primeira parte Nos teus últimos filmes, e tamén nos últimos do Sensory Ethnography Lan (SEL), hai unha certa recorrencia cara a dispositivos de gravación máis marcados que se arredan do documental clásico. Como ves esta mudanza, esta relación entre unha vangarda estética e o traballo etnográfico ou o documental máis tradicional? Se cadra estamos algo aburridos do documental [risas]. Tanto eu coma Stephanie [Spray], desde que chegamos a Harvard, destinamos moito... Ler máis
J.P. Sniadecki: “É Bonito pensar sobre o acto de filmar como unha resposta ás dinámicas do momento no que filmas” (1/2)
Conversamos con John Paul Sniadecki (Michigan, 1979) aproveitando a súa visita ao Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) da Coruña, onde presentou as súas dúas últimas obras, People’s Park (Libbie D. Cohn / J.P. Sniadecki, 2012) e Yumen (J.P. Sniadecki / Xu Ruotao / Huang Xiang, 2013). Malia súa xuventude, Sniadecki conta xa cunha importante filmografía na que tamén salientan títulos como Chaiqian ([Demolition], J.P. Sniadecki, 2008) ou Foreign Parts (Véréna Paravel... Ler máis
TORRES & COMETAS, de Gonçalo Tocha
Le este artigo na súa versión orixinal en portugués Entre xuño e xullo de 2012, Gonçalo Tocha e Dídio Pestana estiveron en Guimarães, convidados pola área de programación de cinema e audiovisual da Guimarães 2012 Capital Europea da Cultura, para rodar unha curtametraxe. Para alén de “ver”, “ouvir” e “vivir” a cidade, os dous artistas foron desafiados para facer un filme sobre a praza do Toural, un espazo icónico e afectivo para a cidade clasificada pola... Ler máis
A CIDADE NAS SERIES
Hule a cidade Costa Non hai salvación fóra das cidades Félix de Azúa Investigar a cidade é unha forma de examinar os enigmas do mundo e a nosa existencia Ian Chambers Inicio: cine e cidade Escribía Stephan Barber: “O cine comezou cunha dispersión de espectros xesticulantes, de corpos humanos transitando as rúas da cidade enmarcados por perfís de pontes, hoteis e almacéns, baixo ceos industriais contaminados. A faísca incendiaria que inaugurou a imaxe fílmica -propagándose... Ler máis