(S8) Mostra de Cinema Periférico 2022: Xogos, percorridos e pestanexos
Un ano máis, a cidade da Coruña acolleu unha das mostras de cinema experimental máis valoradas de España. Dividida en diferentes sedes (Porto, Fundación Luís Seoane, Domus e Sala Palexco), a (S8) Mostra de Cinema Periférico inaugurou o verán cunha gran variedade de proxeccións e actividades concibidas en torno ao cinema en analóxico e á experimentación audiovisual. Desde A Cuarta Parede facemos un repaso dalgunhas das súas seccións e retrospectivas. AMY HALPERN Unha... Ler máis
Curtocircuíto 2021: Penínsulas, presaxios
La peli del algoritmo, de Claudia Negro Chegamos ao final da nosa crónica de Curtocircuíto 2021 tralo repaso ás seccións Explora, Radar e Planeta GZ. Para rematar, centrámonos nalgunhas das curtametraxes que conformaron Penínsulas, a sección que acolle e reivindica algunhas das propostas estatais máis interesantes do ano pasado. Destaca, outra vez, ese contraste entre voces: as consolidadas e as emerxentes, ambas moi recoñecibles tanto nos seus aspectos formais como... Ler máis
MÁRGENES 2019: UN ARQUIVO, DISTINTOS SIGNIFICADOS
Xusto a tempo para poder formar parte das compilacións do mellor do ano, o Festival Márgenes volve a inundar os fogares cun cinema independente que loita para poder ter espazo nas salas. Quizais por esta loita, o espazo que reclama Márgenes é o da web; así, toda a selección de filmes da Sección Oficial do festival atópase dispoñible na súa web no período entre Novembro e Decembro. Nove edicións onde o público pode, desde a comodidade do fogar, acceder ás marxes... Ler máis