BLUE, de Apichatpong Weerasethakul

BLUE: A IMPOSIBILIDADE DE CONCILIAR O SONO O Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand permitiunos descubrir en pantalla grande, na súa sección internacional, a última obra do tailandés Apichatpong Weerasethakul: Blue (2018). Trátase dunha evocadora peza non narrativa que nos mergulla no mundo dos estados adormecidos do seu autor, só que cunha interesante variación que funcionaría case coma o espello incómodo da súa anterior Cemetery of Splendour (2015).... Ler máis

CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (2/2)

O artigo vén de aquí. Gran nivel da animación Nun festival onde a animación tivo un alto nivel, había un par que facían de ponte entre o cine do real e o debuxado. Marfa (Myles McLeod, Greg McLeod, 2018) era o mellor exemplo disto. Concibido coma un grupo de estampas desta localidade texana, os autores logran con apenas uns simples trazos sobre fondo en branco compor un retrato lixeiro e fragmentado, mais moi complexo, dos tipos que habitan esta vila gandeira. O formato... Ler máis

CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (1/2)

Un ano máis, o festival de curtas de Clermont-Ferrand permitiunos coñecer na súa sección Labo as últimas tendencias do cine máis próximo á vangarda e á experimentación. Nunha selección ecléctica, na que colle todo o que se saia dos camiños narrativos tradicionais, atopámonos nesta edición cunha alta presenza de cine do real, na que advertimos a vontade de reflexionar sobre a creación e recepción das imaxes, alén de rexistrar a realidade mesma, unha tendencia... Ler máis

LABO, DOS MECANISMOS DA MEMORIA

Labo é unha sección ben interesante en Clermont-Ferrand. Entrar a ela supón entregarse ao descoñecido. No afán integrador do festival, un pode atoparse con performances filmadas, animacións abstractas, pezas de vídeo-arte, ficcións que pulverizan a idea tradicional da narrativa fílmica, ou documentais que botan por terra a veracidade que se lles presupón. Sobre a capacidade destes como grande arquivo da memoria pareceu orbitar boa parte da programación deste ano, comezando... Ler máis

CLERMONT-FERRAND (III/III): LABO

Última parte da crónica de Clermont 2015. Vén de aquí e aquí. __________ A sección Labo é a que recolle no festival clermontino as propostas que buscan unha maior experimentación coa linguaxe cinematográfica. Coma nos outros casos, hai un equilibrio entre a ficción, a animación e o documental, sendo este último máis protagonista que nos demais programas do certame. O que nos chamou a atención foi a diversidade formal de Labo, e a consistencia do conxunto en torno... Ler máis

CLERMONT-FERRAND (II/III): INTERNACIONAL, BIEN SÛR

Esta crónica segue desta primeira parte. Sigue noutra dedicada á sección Labo. __________ ‘A Million Miles Away’ adapta á linguaxe cinematográfica modos de comunicación propios da mocidade. Na sección internacional, vemos a mesma diversidade, sendo a ficción imperante, fronte á animación e o documental. Neste rexistro, atopamos catro grandes vertentes, diría que bastante representativas da produción mundial de curtas, logo de pasar un ano vendo centos... Ler máis

CLERMONT-FERRAND (I/III): CONTOS DENDE A GALIA

O Marché du Film, o mercado de Clermont, onde boa parte das axencias nacionais de curtametraxes do mundo están representadas. “En Clermont-Ferrand non hai liña editorial”, dicíanos con orgullo Tim Redford, coordinador da competición internacional do festival galo, para Radio 3. A miña contestación a tremenda declaración foi unha sorte de “espera y verás”, convencido de que é imposible non contar con ela, mesmo cando non se busca. Pois ben, catro... Ler máis