GIMME DANGER, de Jim Jarmusch
John Lurie, Tom Waits, RZA, Iggy Pop. Só con ler estes catro nomes relacionados entre si, a meirande parte de cinéfilos podería percibir que pegamento os une. En efecto, unha das innumerables cualidades do totémico Jim Jarmusch reside na forma orgánica de integrar a esencia creativa de músicos como os citados, por cuxas obras non esconde a súa profunda admiración, nun universo cinematográfico de parámetros non sempre próximos. Quizais por isto resulta incluso chamativo... Ler máis
CANNES DÍA 6: OLIVER LAXE CONQUISTA A CROISETTE
Chegou unha das xornadas máis esperadas deste Cannes 2016, pois hoxe presentouse na Semana da Crítica Mimosas (Oliver Laxe, 2016), filme que suscitou o aplauso entusiasta do público e que está a ser ben recibido pola crítica. A segunda longa do director de Todos vós sodes capitáns (2009) pouco ten que ver con esta. Unha caravana no Atlas marroquí leva un home ao seu lugar de repouso. Con esta sinxela liña argumental, Laxe constrúe unha cinta contemplativa e con diálogos... Ler máis