Helena Girón: “Non queríamos facer un filme historicista, senón máis ben evocar a idea dun pasado”
Nas curtametraxes de Helena Girón e Samuel M. Delgado é fácil advertir, tanto na súa temática como na súa forma, os grandes piares sobre os que constrúen a súa primeira longametraxe, Eles transportan a morte (2021), que acaba de estrearse en salas. Un destes alicerces é a pulsión por internarse nos aspectos non oficiais da historia e descubrir relatos que foran esquecidos. Outra das principais liñas temáticas desta parella de cineastas, que ten moi claro o que quere... Ler máis
Eles transportan a morte, de Helena Girón e Samuel M. Delgado
Nos anteriores traballos de Helena Girón e Samuel Delgado —curtametraxes como Sin Dios ni santa María (2015) ou Plus Ultra (2017)— xa se observaban certos trazos e inquedanzas que agora podemos ver desenvolvidos na súa valente e rebelde ópera prima, que lles permitiu percorrer festivais de todo o mundo recollendo premios como os conseguidos en Venecia e Novos Cinemas (ler a nosa crónica). E así, co recoñecemento da crítica debaixo do brazo, estréase agora en máis... Ler máis