MARÍLIA ROCHA: CATRO SÍNTOMAS DUNHA AUTORA

A chegada de Fran Gayo e a súa equipa á dirección artística ao Festival de Ourense supuxo unha renovación do seu enfoque. O que antes era un festival que pasaba desapercibido nas citas cinéfilas galegas, é hoxe un evento imperdible onde as pontes creadas entre Latinoamérica, a lusofonía e Galicia son xa feitos constatables. Podemos afirmar que o OUFF supón o punto de encontro que precisaba Galicia para ter unha rede de festivais de cinema interconectados cuxas programacións... Ler máis

CONSTANTES NO CINEMA DE CLAIRE DENIS

Sebastian Scholz e Hanna Surma, no seu estudo Exceeding the Limits of Representation: Screen and/as Skin in Claire Denis’s ‘Trouble Every Day’ (2001)1, identifican tres modos de representación da pel ao longo da historia do cinema. O primeiro deles sería un uso puramente descritivo, para caracterizar a un personaxe en canto a xénero, raza ou idade, típico do período clásico, e que funcionaría en base a unha serie de conceptos pre-codificados. O segundo... Ler máis