Zaida Carmona: “Paréceme perigoso que se lle esixa a unha ficción representar a todo un colectivo”

© Lucia Vittoria Tralo seu percorrido por varios festivais nacionais, como o D’A Film Festival (onde recibiu o premio Un Impulso Colectivo), ou o Atlàntida Mallorca Film Fest, La amiga de mi amiga, ópera prima de Zaida Carmona, tivo a súa estrea internacional este ano na sección Bright Future do Festival Internacional de Cine de Róterdam (25 de xaneiro – 5 de febreiro de 2023). Falamos coa cineasta sobre a súa comedia de enredos lesbia con toques rohmerianos, o seu... Ler máis

BARRY EGAN OR HOW I LEARNED TO STOP WORRYING AND LOVE ADAM SANDLER

Alén da risa, as comedias de Adam Sandler poden lerse a partir do seu contexto dentro da sociedade occidental contemporánea e, especialmente, desde as novas lecturas críticas arredor da masculinidade e a melancolía da comedia posterior ao 11 de setembro de 2001. Xa que moitos dos traballos de Sandler representan algúns dos éxitos (pero tamén fracasos) máis importantes das últimas décadas, a análise da súa comic persona permítenos cuestionarnos o estado da comedia... Ler máis

FIGURAS NA PAISAXE: CINEMA NARRATIVO E TOPOFILIA

Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués Algunhas das primeiras imaxes do cinema foron do mundo natural en movemento, escenas de rúa e vistas de temas topográficos. Nese sentido, o cinema podería ser interpretado neses primeiros tempos case como un subproduto da industria turística ou do rexistro xeográfico. A asociación entre filme e paisaxe resulta daquela evidente. Unha posíbel definición de paisaxe sería a proposta por John Brinkerhoff Jackson: “unha... Ler máis

HER, de Spike Jonze

Que me perdoen os fans das batallas galácticas, pero a ciencia ficción que para min de verdade paga a pena non son as fantasías escapistas, senón as propostas que coa escusa do xénero (particularmente as distopías) permiten reflexionar sobre as nosas vidas cunha certa distancia. Nese sentido, a serie televisiva Black Mirror (Charlie Brooker, 2011-) é a que mellor está a capturar o zeitgeist destes días fugaces, case líquidos, que nos tocou vivir, sempre desde o marco... Ler máis

BEFORE MIDNIGHT, de Richard Linklater

As regras mudaron. Julie Delpy, Ethan Hawke e Richard Linklater retoman unha vez máis os personaxes que levan xa un par de décadas desenvolvendo, mais desta volta o romanticismo das dúas primeiras entregas da saga deixa paso a un ton máis agre, onde xa non hai sedución senón discusión. Aos seus corenta anos, Jesse e Céline convertéronse definitivamente nunha parella estábel: na primeira escena do filme, un plano secuencia virtuoso revélanos que estes dous personaxes... Ler máis