Punto de Vista 2023: Notas para un mundo novo
El polvo ya no nubla nuestros ojos, de Colectivo Silencio “Se acercan otros tiempos”. Con este título presentábase a publicación escrita sobre o cine do alemán Peter Nestler, un dos principais homenaxeados nesta edición de Punto de Vista, como acompañamento da súa retrospectiva no marco do festival pamplonés. A cita non só foi apropiadamente elixida por Fernando Vílchez, membro do Colectivo Silencio, que se alzou co principal galardón do palmarés por El polvo ya... Ler máis
PALMARÉS PUNTO DE VISTA
Gran Premio PdV ao mellor filme Foreign Parts (Véréna Paravel e John Paul Sniadecki, EUA, 2010) O cinema etnográfico perdeu a súa inxenuidade con Cronique d’un été (1960), cando Jean Rouch e Edgar Morin viraron a súa cámara cara a sociedade francesa para fender a barreira entre ‘nós’ e ‘os outros’. Un par de décadas despois, Dennis O’Rourke dáballe voz aos aborixes de Papúa Nova Guinea en Cannibal Tours (1988) para que se queixasen da actitude altiva dos... Ler máis







