SI ME BORRARA EL VIENTO LO QUE YO CANTO, de David Trueba

-Una última pregunta Chicho: ¿Queda alguna revolución pendiente? -Todas, ya que ninguna de ellas se ha concluído debidamente. Semella case unha casualidade que poucas semanas despois da exhumación de Franco, Si me borrara el viento lo que yo canto (David Trueba, 2019) comece con imaxes deste enterro. Porén, lonxe dunha casualidade, isto é unha mostra do moito traballo que queda por facer en materia de memoria histórica e de recuperación do arrasado polo franquismo (aínda... Ler máis

SEFF 2018: LAS NUEVAS OLAS

Festival de Sevilla significa Las Nuevas Olas. Esta sección é o tradicional lugar de refuxio para aquelas películas arriscadas e innovadoras, as que se atreven a cruzar os límites do cinema para trazar camiños aínda non descubertos ou dinamitar polos aires o que xa existe. Ser público desta sección supón abrir os ollos e deixarnos levar polos filmes, xulgándoos só cando varios días permitan que o noso xuízo repouse e analice o visto. Os primeiros impulsos poden levar... Ler máis

COMOARA, de Corneliu Porumboiu

Ao invocar á Nova Ola Rumana, un dos movementos máis puxantes e identificables dos últimos anos dentro do cinema global, téndese a pensar nuns rasgos formais e temáticos case inamobibles. En efecto, a revisión histórica e o atasco social que produciu no país a herencia comunista atravesan as filmografías xa non só dos Cristi Puiu, Cristian Mungiu o Radu Muntean, senon tamén dos primeiros cineastas que comezan a asomar baixo a sombra desta brillante xeración, criada... Ler máis

FID MARSEILLE 2014: MIS EN SCÈNE

Este artigo é a continuación doutra crónica que publicamos hai uns días, separada debido á súa extensión, e que podes consultar aquí. OBSERVAR: O TRAZO DA CÁMARA As institucións psiquiátricas son un obxecto de estudo común na historia do cinema. Aí temos as totémicas Titicut Follies (Frederick Wiseman, 1967) ou San Clemente (Raymond Depardon & Sophie Ristelhueber, 1982) que, aínda a día de hoxe, semellan marcar dende discursos distintos mais complementarios,... Ler máis

THE ACT OF KILLING, de Joshua Oppenheimer, Christine Cynn & Anonymous

Masacre. Ficción. Catarse “This is not fake! This is not fake!”. Unha voz traspasa a pantalla mentres o espectador contempla unha primeira escena desconcertante que máis ben semella inspirada nun anuncio publicitario kitsch ou nunha epopea de Bollywood: unhas bailarinas de estilo balinés danzan baixo unha onírica fervenza acompañando os arrítmicos movementos dun ancián cunha túnica negra e un home travestido embutido nun traxe de abelorios azul eléctrico. O fake... Ler máis