ISAKI LACUESTA: “COMO DIRECTORES METÉMONOS NA PEL DOUTRAS PERSOAS”
Isaki Lacuesta © Jorge Fuembuena Isaki Lacuesta (Xirona, 1978) escribiu e dirixiu nove longametraxes, numerosas curtametraxes e presentou diversas vídeo-instalacións en museos de todo o mundo. O seu cinema oscila entre o documental e a ficción sen pecharse en xéneros nin en formatos preestablecidos. Coa súa última película de ficción, Entre dos aguas, obtivo a segunda Cuncha de Ouro da súa carreira no Festival de Cine de San Sebastián e os premios á mellor película... Ler máis
ENTRE DOS AGUAS, de Isaki Lacuesta
‘Flotando como un velero’ Comeza Entre dos aguas e por un momento Isra volve ser o neno de La leyenda del tiempo (Isaki Lacuesta, 2006), pero doce anos despois as imaxes teñen algo de evocación, dun tempo pasado que non volverá. Trátase da fermosa escena ao carón dunha árbore coa que se pechaba a historia de Isra e Cheíto en 2006. Pasou un ano e algúns meses desde que Isra presenciou o asasinato do seu pai, e o mozo xa non ten ganas de cantar. “Non é algo para... Ler máis
SAN SEBASTIÁN 2018: APUNTES PARA UNHA CRÓNICA
Pretender efectuar con plena satisfacción unha visita rápida a un festival xigantesco como o de San Sebastián, incluso cando as xornadas alí son varias e as proxeccións acontecen por decenas, supón para calquera cinéfilo unha ardua tarefa. Abordar de forma parcial unha programación de seu impoñente ten como consecuencia o descarte inevitable de moitas das súas mellores propostas, aínda que tamén aporta unha maior finura na elección: o labor de peneirar a programación,... Ler máis
MAGICAL GIRL, de Carlos Vermut
A BELEZA, A PERVERSIÓN E O SER HUMANO Cando comezou o pase de prensa no Teatro Principal de Donostia non sei cantos xornalistas agardaban a revelación que supuxo Magical Girl. Penso que poucos. Algúns iamos en plena resaca de Eden (Mia Hansen-Løve, 2014), e malia que Magical Girl prometía non decepcionar, semellaba difícil manter tan entretido ao público durante dúas horas. Logo esas dúas horas resultaron ser moi curtas, porque Magical Girl envolve, desata... Ler máis
PELO MALO, de Mariana Rondón
Ultimamente, as circunstancias xeopolíticas e as tendencias mediáticas ditan que toca falar de Venezuela, e non de Colombia. A pena é que se fala moito pero se di pouco; o debate fica en meras charabiscas e titulares sobre se a poboación non ten papel hixiénico ou se a Maduro se lle aparece un paxariño, mais sen chegar a analizar o chavismo e a súa herdanza en profundidade. E tamén amola que a maioría das opinións que consumamos sexan en realidade visións dende aquí... Ler máis
JEUNE ET JOLIE, de François Ozon
Resulta difícil superar con Jeune et Jolie a densa e brillante obra Dans la maison (2012), filme que lle outorga a François Ozon a Cuncha de Ouro en San Sebastián. O xogo entre realidade e ficción, drama e comedia, fan desta película unha obra mestra na que a través da relación dun profesor de literatura (Fabrice Luchini) co seu alumno (Ernst Umhauer) plásmase dun xeito apaixonante o feito mesmo de crear. Tras este guión hipnótico, turbulento e xenial, Ozon deixa as... Ler máis