CINEMA EUROPEO NAS PLATAFORMAS DIXITAIS. O TEMIDO 30% DA COMISIÓN EUROPEA

A sala de cinema NUMAX O pasado mes de abril a Comisión Europea sorprendía cun comunicado de prensa no que se falaba de grandes avances nas negociacións de cara a contar cunhas normas máis equitativas e modernas nos servizos de comunicación audiovisual. Os xefes de Europa debatían sobre estes contidos e planeaban medidas lexislativas varias que pretendían, principalmente: o reforzo do principio do país de orixe; a mellora na protección dos menores contra os contidos nocivos;... Ler máis

UN LUSTRO DE CINEMA

Vaites, manda truco: preguntamos aos nosos colaboradores cal é o mellor filme do lustro e van e elixen Boyhood (Richard Linklater, 2014), un título deste ano, antes mesmo de que publiquemos a escolma do mellor do ano. Porén, Boyhood é un filme tanto de 2014 como de 2010, ou mesmo de 2005, posto que Richard Linklater botou doce anos filmando a vida de Mason / Ellar Coltrane. Dende esta perspectiva, Boyhood ben pode ser o mellor filme do lustro, do século, do milenio! Hipérboles... Ler máis

AS XERACIÓNS DA CINEFILIA

O noso gusto cinematográfico depende, en parte, das nosas condicións de visionado, é dicir, de como e onde puidésemos ver os nosos filmes preferidos. Pódenos gustar máis ou menos o cinema clásico, moderno ou postmoderno; estadounidense, europeo ou asiático; cinema de xénero ou cinema de autor; iso tanto ten, mais calquera destas preferencias está profundamente influenciada polos espazos e redes de exhibición: non é o mesmo ver cinco filmes seguidos nun festival de... Ler máis