BLUE, de Apichatpong Weerasethakul

BLUE: A IMPOSIBILIDADE DE CONCILIAR O SONO O Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand permitiunos descubrir en pantalla grande, na súa sección internacional, a última obra do tailandés Apichatpong Weerasethakul: Blue (2018). Trátase dunha evocadora peza non narrativa que nos mergulla no mundo dos estados adormecidos do seu autor, só que cunha interesante variación que funcionaría case coma o espello incómodo da súa anterior Cemetery of Splendour (2015).... Ler máis

CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (2/2)

O artigo vén de aquí. Gran nivel da animación Nun festival onde a animación tivo un alto nivel, había un par que facían de ponte entre o cine do real e o debuxado. Marfa (Myles McLeod, Greg McLeod, 2018) era o mellor exemplo disto. Concibido coma un grupo de estampas desta localidade texana, os autores logran con apenas uns simples trazos sobre fondo en branco compor un retrato lixeiro e fragmentado, mais moi complexo, dos tipos que habitan esta vila gandeira. O formato... Ler máis

CLERMONT-FERRAND (III/III): LABO

Última parte da crónica de Clermont 2015. Vén de aquí e aquí. __________ A sección Labo é a que recolle no festival clermontino as propostas que buscan unha maior experimentación coa linguaxe cinematográfica. Coma nos outros casos, hai un equilibrio entre a ficción, a animación e o documental, sendo este último máis protagonista que nos demais programas do certame. O que nos chamou a atención foi a diversidade formal de Labo, e a consistencia do conxunto en torno... Ler máis

Procesos #19 – Isaki Lacuesta

O pasado mes de outubro, tivo lugar a primeira edición de CoruñaFilm. O centro Ágora, da cidade herculina, reuniu a un grupo diverso de profesionais do audiovisual, ao redor dun conxunto de charlas e cursos de afán formativo, que pretenden tamén ser punto de encontro e intercambio de ideas para creadores. Entre os asistentes, estivo Isaki Lacuesta, para rodar unha curtametraxe en 36 horas, cun equipo técnico e artístico escollido dun casting previo á celebración do evento.... Ler máis