Cannes 2023 (V): as curtas son de estudantes?

Man in Black, de Wang Bing Persiste esa crenza estúpida e difícil de tombar de que as curtas son un formato de aprendizaxe. Pois ben, este ano Cannes programou pezas breves, ademais da xa comentada de Jean-Luc Godard, de Wang Bing, Pedro Costa e Man Ray. Serven para desmentir esta aseveración tan repetida? O chinés asina en Man in Black (2023) un exercicio que está entre a performance, o documental confesional e unha sinfonía audiovisual, na que a música do compositor Wang... Ler máis

Curtocircuíto 2021: Radar, o cinema máis narrativo, que non convencional

Un ano máis, o festival Curtocircuíto reuniu unha boa escolma do cinema mundial máis á vangarda na súa competición internacional. Radar é a sección para aquelas propostas, como ben se encargaba en anunciar o programador Brais Romero ao inicio de cada pase, que entran máis no “cinema narrativo, que non convencional”. Unha boa forma de definir, por exemplo, os dous filmes gañadores. Al motociclista no le cabe la felicidad en el traje (Gabriel Herrera, 2021) é unha... Ler máis

THE HUMAN VOICE, de Pedro Almodóvar

Vin formigón e plástico e moito vermello, moito vermello.  E presenciei a dor, a desesperación, a rabia, o odio, o amor, a resignación e o esforzo por quererse a unha mesma outra vez e empezar de novo e saír adiante. E sorrín, e púxoseme o corazón brando e atopei o cine, o cine alí dentro metido. E admirei cada plano, e quixen poder parala e volver vela e poñela amodo e poder ver todo outra vez, mil veces. Porque todo é especial e fermoso, e del, e dela, á súa maneira,... Ler máis

BLUE, de Apichatpong Weerasethakul

BLUE: A IMPOSIBILIDADE DE CONCILIAR O SONO O Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand permitiunos descubrir en pantalla grande, na súa sección internacional, a última obra do tailandés Apichatpong Weerasethakul: Blue (2018). Trátase dunha evocadora peza non narrativa que nos mergulla no mundo dos estados adormecidos do seu autor, só que cunha interesante variación que funcionaría case coma o espello incómodo da súa anterior Cemetery of Splendour (2015).... Ler máis

CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (2/2)

O artigo vén de aquí. Gran nivel da animación Nun festival onde a animación tivo un alto nivel, había un par que facían de ponte entre o cine do real e o debuxado. Marfa (Myles McLeod, Greg McLeod, 2018) era o mellor exemplo disto. Concibido coma un grupo de estampas desta localidade texana, os autores logran con apenas uns simples trazos sobre fondo en branco compor un retrato lixeiro e fragmentado, mais moi complexo, dos tipos que habitan esta vila gandeira. O formato... Ler máis

CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (1/2)

Un ano máis, o festival de curtas de Clermont-Ferrand permitiunos coñecer na súa sección Labo as últimas tendencias do cine máis próximo á vangarda e á experimentación. Nunha selección ecléctica, na que colle todo o que se saia dos camiños narrativos tradicionais, atopámonos nesta edición cunha alta presenza de cine do real, na que advertimos a vontade de reflexionar sobre a creación e recepción das imaxes, alén de rexistrar a realidade mesma, unha tendencia... Ler máis

LABO, DOS MECANISMOS DA MEMORIA

Labo é unha sección ben interesante en Clermont-Ferrand. Entrar a ela supón entregarse ao descoñecido. No afán integrador do festival, un pode atoparse con performances filmadas, animacións abstractas, pezas de vídeo-arte, ficcións que pulverizan a idea tradicional da narrativa fílmica, ou documentais que botan por terra a veracidade que se lles presupón. Sobre a capacidade destes como grande arquivo da memoria pareceu orbitar boa parte da programación deste ano, comezando... Ler máis

CLERMONT 2016: TODOS ESTADES CONVIDADOS

O festival internacional de curtametraxes de Clermont-Ferrand reuniu un ano máis todas as tendencias do cinema en formato breve nas súas máis de 30 sesións a competición. O certame confía no seu tamaño para sacar músculo, erixíndose en principal embaixador da curta en Europa, coa diversidade como marca identitaria. Dados os diferentes estilos das súas seccións, un debe saber cando se achega a Clermont, que se quere pasar un bo rato con competentes historias de corte... Ler máis

CURTAS 2015: A FORZA DA FICCIÓN

Non son tempos para a contención. Podería ser outro titular. Hai dez, quince ou vinte anos, películas como Los lunes al sol (Fernando León de Aranoa, 2002) ou Sweet Sixteen (Ken Loach, 2002) parecían vehicular o sentimento combativo dunha época na que a clase obreira semellaba ser a outra. Concepto pasado de moda, dicían moitos, o certo é que a imperante clase media miraba para os parados e as familias disfuncionais case coma un obxecto de estudo antropolóxico. O cinema... Ler máis

CLERMONT-FERRAND (III/III): LABO

Última parte da crónica de Clermont 2015. Vén de aquí e aquí. __________ A sección Labo é a que recolle no festival clermontino as propostas que buscan unha maior experimentación coa linguaxe cinematográfica. Coma nos outros casos, hai un equilibrio entre a ficción, a animación e o documental, sendo este último máis protagonista que nos demais programas do certame. O que nos chamou a atención foi a diversidade formal de Labo, e a consistencia do conxunto en torno... Ler máis