TERRA FRANCA, de Leonor Teles

A primeira longametraxe de Leonor Teles (1992) retrata con delicadeza o día a día de Albertino Lobo, un pescador que faena no municipio de Vila Franca de Xira, lugar natal da directora a beiras do Texo. Ao abrir cunha intensa xornada de traballo á vella usanza, envolvendo a súa figura solitaria na paisaxe fluvial mediante unha fermosa fotografía nocturna, todo fai presaxiar un achegamento clásico a esa figura masculina tradicional, alicerce dun fogar humilde cuxa subsistencia... Ler máis

PLAY-DOC 2018: UN ANO BIPOLAR

A decisión do xurado de distinguir, ex aequo, os filmes The Waldheim Waltz (Ruth Beckermann, 2018) e Lamaland (Teil I) (Pablo Sigg, 2018) espertou máis dun comentario retranqueiro entre o público que seguía, copa en man, a solemne entrega de premios da última edición de Play-Doc. Houbo quen opinou que, postos a repartir, ben podía ser un premio ex aequo entre os cinco filmes a concurso. Tamén houbo quen fantaseou coa posibilidade de que os gañadores partisen a pedra... Ler máis

A fascinación do cotiá

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 No ano 1975 a realizadora belga Chantal Akerman logrou o impensable: que o invisible resultase esencial. Jeanne Dielman marcou un antes e un despois na historia do cinema, ofrecendo unha representación absolutamente revolucionaria da rutina cotiá e o traballo doméstico a través da ollada feminina. Máis de 40 anos despois,... Ler máis

O ESPECTÁCULO DA VIDA

O relato vai, volve, muta, non hai xeito de tiralo da cabeza: temos a estrutura narrativa marcada a lume no pensamento, na nosa propia linguaxe. Cada vez que tentamos artellar dúas frases, dúas ideas ou mesmo dúas imaxes creamos ligazóns que, sumadas, van cara algures. Pasada a fase heroica modernista, na que os artistas exploraron os límites do discurso e da linguaxe (pensai en Beckett, pensai na dificultade de entender as súas obras e na fascinación que producen), a... Ler máis

PERPETUUM MOBILE, de Nicolás Pereda

Grazas aos criterios inclusivos dos seus programadores, a décima edición do Play-Doc de Tui ofreceunos unha completa retrospectiva da traxectoria do cineasta Nicolás Pereda. Agora ben, se aceptamos que a obra deste mexicano non é documental per se, talvez esteamos a crear un incómodo baleiro taxonómico que nos empurrará a definir que é entón o que fai este realizador, camiñando entre incómodas aclaracións sobre a non ficción e os xéneros híbridos. Si, utiliza métodos... Ler máis