PATERSON, de Jim Jarmusch
Tódolos días son igual de diferentes. As nosas rutinas poden resumirse nun feixe de verbos e substantivos que non mudan dun día para outro, mais as diferenzas están nos adxectivos, nas emocións que nos acompañan, nas persoas que atopamos, nas conversas que temos. O mundo está á nosa espera: só fai falla saír da cama. Por iso, Jim Jarmusch comeza cada un dos oito fragmentos que forman o seu último filme coa mesma imaxe: un plano cenital do protagonista acordando na... Ler máis
Número 22
Moi habitualmente, as revistas de cinema esquecemos os produtores, para falar só dos cineastas. Mais sen eles, non hai filmes. Sabemos que están a pasar unha tempada difícil. As axudas públicas minguan, semella máis difícil obtelas, e van normalmente ligadas a unha xustificación de gastos moi estrita; algo especialmente duro cando están destinadas a persoas físicas, coma é o caso das axudas de talento. Polo tanto, son os máis pequenos os que máis senten a crise. Ante... Ler máis