O CINEMA GALEGO ANTE UNHA NOVA CRISE
O pasado 13 de marzo de 2020, decretouse o Estado de Alarma en todo o Estado Español por causa da crise sanitaria do COVID-19. Esta medida supoñía a supresión do dereito de libre movemento, así como a detención de todas as actividades non esenciais, entre outras medidas. A cultura, como xa demostraron as declaracións do Ministro Uribes no seu momento, non foi considerada como esencial, polo que festivais, estreas, rodaxes, producións, etc. tiveron que pisar o freo. En... Ler máis
NOVOS CINEMAS 2019: O AMOR DOS PEQUENOS
Fotografía: David Cruces Desde o seu nacemento hai catro edicións ata hoxe, Novos Cinemas consolidouse como un festival onde o amor polo cinema traspasa as pantallas. O equipo de programación, conformado por Suso Novás e Ángel Santos, escolle con coidado unha selección de primeiras ou segundas longametraxes para dar conta do que foi o ano. Unha selección que, aínda que involuntariamente, fala entre si sobre crises existenciais, crises amorosas, o colonialismo do turismo,... Ler máis
Camborda x Enciso (I)
Como reflectindo a realidade cinematográfica deste ano, Novos Cinemas abre e pecha a súa IV edición coas proxeccións de Arima e Longa Noite, dúas longametraxes galegas que se unen ao ano que, con permiso de 2010, será o ano do cinema galego. Aproveitando esta coincidencia na cita pontevedresa, Jaione Camborda e Eloy Enciso volven ao estudo de Sar onde as dúas películas empezáronse a xestar para conversar sobre o proceso de creación. Eloy Enciso: Faime moita ilusión... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2018: ALÉN DO ESPELLO: OS RETRATOS DE ULRICH SEIDL
«Nunca fun despiadado, creo, pero gústame mostrar a verdade ao espido» Ulrich Seidl I Velaquí ante os nosos ollos a filmografía de Ulrich Seidl: un retrato de Europa. Cun sinal documental incluso cando se penetra na ficción, encadres frontais e estáticos, planos xerais a media altura coas figuras humanas expostas no centro, unha profundidade de campo aplanada por unha parede lisa (ou acentuada cara a un punto de fuga), composicións simétricas e miradas a cámara, o estilo... Ler máis
Número 37
Lugares de referencia para todos os cinéfilos, as filmotecas e os arquivos fílmicos convertéronse en espazos de resistencia onde xorden os diálogos máis interesantes. Sexan filmes clásicos, películas restauradas ou as apostas máis arriscadas dos directores emerxentes, nestes lugares celébrase a excepcionalidade dun cinema que, supostamente, non ten cabida nas salas máis comerciais: aquí celébrase o acto do cinema (o coloquio, a exhibición no seu formato orixinal…),... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2017: TEDDY WILLIAMS, FILMAR OU FILMAR
Un ano máis Curtocircuito achega a un cineasta emerxente a posibilidade de amosar o seu cinema dentro dunha retrospectiva encadrada na sección Púlsar. Teddy Williams (Buenos Aires, 1987), galardoado na sección Cineasti del presente do Festival de Locarno, achegará a Compostela os seus traballos que xa pasaron por festivais coma Cannes ou FIDMarseille. Un cinema estraño no que a cámara adopta unha inquietude constante, un movemento eterno, que levou a Williams a ser considerado... Ler máis
SELFIE, de Víctor García León
As consecuencias do estourido da burbulla económica instauraron no cinema español recente unha tendencia a explorar, con frecuencia a través dos códigos da comedia, ese choque do benestar artificial do pasado inmediato e a precariedade do presente. Desde un producto industrial tan errado coma Tenemos que hablar (David Serrano, 2016) ata o caos terminal da incomprendida Murieron por encima de sus posibilidades (Isaki Lacuesta, 2014), o sentimento de desposesión inoculado... Ler máis
FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE 2016: O ANO DA RENOVACIÓN
Se ben é certo que o Festival de Cine Internacional de Ourense levaba vinte edicións detrás, esta vixésimo primeira edición foi tamén a primeira dunha nova lexislatura. Coma un político electo, agardo que me perdoe o insulto, Fran Gayo chegou aos mandos do festival cunha intención clara: reinventar o OUFF, pór o de dentro cara fóra e viceversa. Por iso, esta edición estivo marcada por unha forte aposta por un cine non só independente, senón un cine de autor. O festival... Ler máis
PEDRO COSTA: “UNHA DAS COUSAS QUE DESCUBRÍN É QUE ME SINTO MÁIS CÓMODO FILMANDO INTERIORES”
Fotografía: Óscar Orengo A primeira sensación que teño ao ver a Pedro Costa (Lisboa, 1959) tomando un café e mirando os libros de NUMAX é a de estar a piques de entrevistar a unha persoa pouco faladora, tímida. Recén chegado da preestrea do Cavalo Dinheiro en Madrid, entendo o cansancio e mentalízome para realizar todas as preguntas que traio anotadas. Entramos na sala e sentamos nas butacas da cuarta fila. Doce minutos despois de presionar o REC doume conta de que a... Ler máis
LA LOI DU MARCHÉ, de Stéphane Brizé
O director francés Stéphane Brizé, a través dun cinema íntimo, sen efectos nin adornos, un cinema ausente de luz artificial e música trasládanos dun xeito moi realista a una situación non moi lonxana da realidade económica actual, un drama social causado pola crise. De feito, atreveríame a decir que consigue levarnos ao punto máis abominable dos problemas do presente, unha relación causa-efecto dentro dun círculo vicioso do que é o mercado laboral e os problemas... Ler máis