O POTENCIAL CRÍTICO DO ENSAIO AUDIOVISUAL DIXITAL

Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués O ensaio audiovisual dixital é actualmente unha práctica cultural cunha gran diversidade de temas, métodos e contextos de utilización. Moitos ensaios teñen como obxecto o cinema, abordando un ou máis filmes, o traballo dun intérprete, ou determinada técnica cinematográfica. No entanto, o obxecto do ensaio audiovisual tamén se estende frecuentemente á relación do público con eses filmes e, en particular, ao modo... Ler máis

FILM COMMENT: AUTORISMO ÁXIL

Non é unha novidade editorial, mais a raíz da feliz resurrección dun festival tan relevante no contexto español coma o das Palmas, rescatamos o último volume editado polo mesmo, en 2012: La mirada americana. Cincuenta años de Film Comment, unha compilación de textos reunidos polo crítico Manu Yáñez sobre a mítica cabeceira dos EUA. A intención da escolla, como o editor ben indica no limiar, pivota sobre dúas ideas: representatividade... Ler máis

PERFÍS CRÍTICOS DA CRÍTICA ACRÍTICA

Que é a crítica? Para que serve un crítico? A estas e outras preguntas intentouse responder nos últimos tempos en obradoiros, xornadas, festivais, monográficos de revistas e textos. As respostas difiren, malia que todas semellan de acordo nun punto en común: a función do crítico é a de mediador entre o filme e o público. O crítico, entendido deste xeito, sería o encargado de artellar a conexión entre o individual e o social á vez que actualiza a virtualidade autorreflexiva... Ler máis

CATÁLOGO DE PRÁCTICAS AVANZADAS: RESEÑA DE ‘MOVIE MUTATIONS’

Movie Mutations é unha colección de artigos coordinada polo crítico estadounidense Jonathan Rosenbaum e mailo australiano Adrian Martin, editado por primeira vez en inglés no ano 2003. Dende aquela, este volume converteuse nunha referencia obrigada nos estudos sobre cinema porque, á marxe do interese particular dos seus textos, formulaba unha serie de cuestións que actualizaron o debate sobre como ver e pensar as imaxes, fornecendo a críticos, académicos, programadores... Ler máis