CANNES 2018 EP. 1: INICIO CON ACENTO ESPAÑOL
Todos lo saben (Asghar Farhadi, 2018) Comezou onte o festival de Cannes con novas prácticas para as xornalistas. Agora os primeiros pases están reservados para membros do equipo, autoridades locais, famosas e demais asistentes típicas dunha premiere. Din dende o festival que as redes sociais xeran moito ruído antes de que as propias creadoras do filme podan ver proxectado o seu traballo e que lles parece inxusto. A industria vai antes que a crítica, está claro. Persoalmente... Ler máis
CANNES 2018 EP. 0: OS PRELIMINARES
Comeza mañá o festival de cinema máis prestixioso do mundo e, acorde a ese estatuto, as cinéfilas xa fixemos un escrutinio feroz do que nos teñen preparado para este ano. Deixemos a un lado a polémica con Netflix e a comedia grotesca dos selfies (a este respecto, o director artístico Thierry Frémaux explicou na rolda de prensa de presentación que en Canadá dános en chamar “egofotos”, o que me resulta un nome apropiado e moi acaido para todo este debate). Mais antes... Ler máis