SINAIS EN CURTO 2018. EN TORNO Á MATERIA

Fotografía: María Meseguer Como cada ano, o (S8) Mostra de Cinema Periférico dedica unha sesión ao cine experimental e de vangarda que se produce en Galicia. Obras de cineastas que non poden faltar en calquera historia do cine galego xustapóñense a outras de autoras novas, demostrando tanto a riqueza interxeracional que existe como, precisamente, a posibilidade desa substitución. Os programas de carácter nacional difícilmente están atravesados por algún concepto que... Ler máis

Procesos #28 – Xisela Franco

Xisela Franco (Vigo, 1978) é un dos referentes do cinema galego máis experimental. As súas obras, que combinan técnicas do cinema observacional máis puro ata a proxección sobre espazos ou corpos reais, teñen xirado por todo o mundo. Porén, Xisela é unha artista interdisciplinar que combina o cinema coas actividades docentes, entre as que destaca o proxecto de Mestrado 35.ESAV que, desafortunadamente, está actualmente nun impasse. Aproveitando a súa videoexposición... Ler máis