Curtas Vila do Conde 2023: Camiños da ficción
Natureza humana, de Mónica Lima (2023) “A procura leva implícita a forma da esperanza (…) e a esperanza inclúe, en si mesma, o dinamismo da procura.” Leo estas palabras do filósofo catalán Josep Maria Esquirol no tren de volta a Porto tras uns días no Curtas Vila do Conde, que este ano celebrou a súa 31.ª edición, e paréceme recoñecer nelas unha síntese do que supón un festival destas características. Poderiamos dicir que a curtametraxe é un formato que privilexia... Ler máis
UN DÍA NA RODAXE DE ‘LAS ALTAS PRESIONES’ DE ÁNGEL SANTOS
Domingo, 6 de outubro de 2013. 10:21 horas. Xa pasei Pontevedra. En escasos quilómetros chego a Paredes. Vexo a sinalización cara o porto e dígome a min mesmo que vou ben, que non vou ter que molestar a Daniel Froiz para que veña recollerme á nacional. El é produtor de Las altas presiones, a última longa do cineasta galego Ángel Santos, que comezou a rodar o día anterior en Pontevedra, e seguirá nos arredores e na raia con Portugal en 16 xornadas máis. Unha produción... Ler máis