Curtocircuíto 2024: Sección Oficial Cosmos (II)
For Here Am I Sitting in a Tin Can Far Above the World, de Gala Hernández A pluralidade das sesións de Cosmos no festival Curtocircuíto favorece as múltiples miradas e perspectivas, unha visión do cinema que facilita atopar conexións entre ideas que nun principio non parecen estar relacionadas. Dende o Xurado Novo premiouse á directora murciana Gala Hernández e a súa curtametraxe For Here Am I Sitting in a Tin Can Far Above the World (2024), cun estilo distintivo que... Ler máis
Curtocircuíto 2024: Sección Oficial Cosmos (I)
It will be better before, de Keto Kipiani Como cada outubro, Santiago de Compostela acolleu un ano máis o Festival Internacional Curtocircuíto, ao que puidemos achegarnos na súa vixésimo primeira edición. Como acostuma ser habitual, houbo un tema que fiou a filosofía das distintas xornadas: neste caso, as profundidades abisais, que comezaron cunha sesión de apertura multidisciplinar, conectando o filme de 1916 de Stuart Paton 20.000 leguas de viaxe submarina con música... Ler máis
19.ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Seccións Oficiais
Sesión Inaugural MICE 2024. ‘586 Cantos’. Un ano máis, Santiago de Compostela volveu acoller a MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) do Museo do Pobo Galego, cuxa décimo novena edición tivo lugar entre o 20 e o 26 de marzo. A política e a tensión social a través das pulsións de intereses foron as protagonistas este ano, outorgándonos pezas que non só nos falan de pobos e culturas, senón tamén dos axentes externos aos que se ven sometidos. Esta... Ler máis
Curtocircuíto 2023: Planeta GZ
Non te vexo, de Xacio Baño A sección Planeta GZ regresa un ano máis, achegando ao público de Curtocircuíto as propostas máis arriscadas do cinema galego actual. Este ano, como case sempre, contamos cunha selección moi variada e heteroxénea, chea de contrastes, aínda que varias das pezas teñen algún nexo en común, como certo intimismo dominante no audiovisual galego contemporáneo e o seu apego á terra, establecendo unha profunda conexión con ela. Ruovesi é unha... Ler máis
Curtocircuíto 2023: Sección Cosmos
Nazarbazi, de Maryam Takafori A vixésima edición de Curtocircuíto (3 – 8 de outubro) trouxo consigo algúns cambios na división do programa das seccións oficiais, nun intento de achegarnos as pezas proxectadas eliminando as fronteiras entre elas, coa decisión de unificar as antigas Explora, Radar e Penínsulas nunha nova sección oficial denominada Cosmos. Esta decisión non só se ve reflectida na pluralidade estilística e temática das obras, senón que facilitou a... Ler máis
Curtocircuíto 2022: Planeta GZ
Proxecto X (Sol Mussa, 2022) Santiago de Compostela volveu celebrar, como cada outono, a súa cita anual co cinema independente e de vangarda. O Festival Curtocircuíto regresou aos teatros da capital con numerosas actividades relacionadas co audiovisual que non só se limita ao formato monocanal proxectable, senón que inclúe na súa programación mostras performativas como a danza ou o live-cinema, un variado cartel de artistas musicais e DJ sets, ademais de encontros, mesas... Ler máis
Curtocircuíto 2022: Supernova
Abismo, de Rubén Suárez Dentro da programación de Curtocircuíto, Supernova é unha sección que sempre aplaudirei e que deberían adoptar moitos festivais de cine que pretendan deixar espazo para todas esas obras que están a medio camiño entre o profesional e o amador. En varios dos títulos de crédito das pezas seleccionadas no encontro compostelán observamos como os nomes se repiten, un bo síntoma de que o audiovisual nace do compañeirismo e da amizade. “Hoxe por... Ler máis
Curtocircuíto 2022: Explora
Camera Test, de Siegfried A. Fruhauf Os festivais de cinema que máis me interesan sempre foron eses capaces de realizar apostas propias e gañarse unha identidade singular, ao tempo que en cada edición se preguntan sobre o seu modelo e van incorporando novas indagacións. Cando un proxecto xa está asentado, xorde unha pregunta lóxica e de difícil resposta: que facer con eses cineastas polos que se apostou dende o inicio e que de forma continuada presentan filmes ao certame?... Ler máis
Curtocircuíto 2022: Radar
Subtotals, de Mohammadreza Farzad A sección Radar do festival Curtocircuíto recolle cada ano as propostas máis narrativas ou representacionais do certame, mentres que Explora se decanta pola experimentación formal e a abstracción. Non obstante, na meirande parte das manifestacións cinematográficas, estas curtas que imos analizar hoxe estarían colocadas na programación máis atípica. E é que a cita compostelá é xa un evento dedicado á vangarda, dun xeito case transartístico,... Ler máis
Curtocircuíto 2021: Planeta GZ, reciclaxe fílmica
Augas abisais, de Xacio Baño Curtocircuíto volveu a Santiago de Compostela un ano máis como un dos festivais con programacións máis frescas e arriscadas de toda Galicia. Asistimos a Planeta GZ, onde se agrupan algunhas das curtametraxes máis destacables do panorama autonómico do último ano. Chama a atención, unha vez máis, o choque xeracional cada vez máis consolidado que existe —e toda a diversidade que esta ponte supón—, entre voces habituais como Eloy Domínguez... Ler máis