O TEST DE BECHDEL

O Test de Bechdel é un sistema para avaliar a fenda de xénero existente na representación das mulleres en obras de ficción. Aínda que a súa invención se atribúe a Liz Wallace, recibe ese nome por popularizarse nunha banda deseñada cómica de 1985 da serie Dykes to Watch Out For, debuxada por Alison Bechdel. Na devandita tira, titulada The Rule, un dos personaxes di que ela unicamente acepta ver unha película se cumpre tres requisitos: 1. No filme saen polo menos dous... Ler máis

DALLAS BUYERS CLUB, de Jean-Marc Vallée

Nada hai que guste máis a público e crítica que o papel do antiheroe social, epítome de todos os vicios, que se converte na liña torcida que consegue que a historia teña un final recto. A cinematografía está repleta de tales personaxes que fan memorables películas que, nun principio, non pasarían aos anais da sétima arte. Este podería ser o caso de Dallas Buyers Club (Jean-Marc Vallée, 2013), un filme de produción independente que por modesto e minimalista non pasaría... Ler máis