CANNES 2018 EP. 4: O PEOR JIA ZHANG-KE
Chegou outro dos nomes grandes da sección oficial. Non podemos máis que considerar Ash Is Purest White (Jia Zhang-Ke, 2018) como unha tremenda decepción. O chinés volve poñer a Tao Zhao como muller protagonista con carácter, nun papel que recorda ao de Un toque de violencia (2013). A súa parella na pantalla é Fan Liao, versado no cinema de xénero, con Black Coal, Thin Ice (Yinan Diao, 2014) coma o primeiro filme que vén á mente. Dado que a historia comeza co asasinato... Ler máis
CURTAS 2015: A FORZA DA FICCIÓN
Non son tempos para a contención. Podería ser outro titular. Hai dez, quince ou vinte anos, películas como Los lunes al sol (Fernando León de Aranoa, 2002) ou Sweet Sixteen (Ken Loach, 2002) parecían vehicular o sentimento combativo dunha época na que a clase obreira semellaba ser a outra. Concepto pasado de moda, dicían moitos, o certo é que a imperante clase media miraba para os parados e as familias disfuncionais case coma un obxecto de estudo antropolóxico. O cinema... Ler máis
ZWAZO, de Gabriel Abrantes
Gabriel Abrantes (N. 1984) presentou na 20.ª edición do Curtas Vila do Conde un novo filme que integra, con moita coherencia, o seu percorrido singularíssimo no contexto do cinema portugués. Vindo das artes plásticas, mais con formación académica en cinema e artes visuais, Gabriel Abrantes comezou a facer cinema en 2006 nun contexto de galeria, para ser exhibido en exposicións de artes plásticas, comezando desde cedo a construír un universo estético e a desenvolver... Ler máis