SAN SEBASTIÁN 2018: APUNTES PARA UNHA CRÓNICA

Pretender efectuar con plena satisfacción unha visita rápida a un festival xigantesco como o de San Sebastián, incluso cando as xornadas alí son varias e as proxeccións acontecen por decenas, supón para calquera cinéfilo unha ardua tarefa. Abordar de forma parcial unha programación de seu impoñente ten como consecuencia o descarte inevitable de moitas das súas mellores propostas, aínda que tamén aporta unha maior finura na elección: o labor de peneirar a programación,... Ler máis

O CANON DE CANNES

Cada ano, a tempada cinéfila comeza co festival de Cannes e remata cos premios Óscar: os filmes que se presentan na sección oficial do primeiro protagonizan, para ben ou para mal, moitos dos debates da tempada até que algúns deles, por pura decantación, volven ser protagonistas tamén na entrega dos Óscar. A tempada pasada respondeu exactamente a ese mecanismo, coa Palma de Ouro nominada a mellor filme nos Óscar (The Tree of Life, de Terrence Malick), mentres que o gañador... Ler máis