ADRIÁN CANOURA: “FACER UN FILME É COMO PESCAR CALAMARES: NUNCA SABES QUE VAS PESCAR, SE VAS PESCAR, NIN CANTO TEMPO VAS A BOTAR PESCANDO”

Adrián Canoura (1991, Burela) é unha das voces emerxentes do cinema experimental galego actual. Por iso, non sorprende que os seus filmes formen parte da escolma de traballos que o (S8) Mostra de Cinema Periférico programou coa ocasión das ‘Sinais en curto’. Aproveitando o seu paso polo certame coruñés, conversamos sobre o seu cinema, unha obra moi unida a Galicia traballada desde unha certeira intuición. O teu cinema traballa moito sobre a cultura galega, pero tamén... Ler máis

EDUARDO CASANOVA E O SEU MUNDO “DE COR DE ROSA”

Cando se fala de cinema fálase de crear, de idear, de construír. De lograr a verosimilitude pero tamén de xerar outros mundos, de conformar atmosferas perfectas para a narración fílmica e ante os ollos do espectador. E cando se fala de dirección de arte, en moitos casos xoga un papel crucial a innovación, a extravagancia e o exceso, para dotar a unha película de todos eses elementos que a fagan inesquecible. Todo isto aparece na obra audiovisual de Eduardo Casanova (Madrid,... Ler máis

María Cañas: “Estou comprometida coa idea de cultura colectiva”

Logo de triunfar na pasada edición do festival Punto de Vista, alzándose co premio da sección X Films, María Cañas (Sevilla, 1972) volve a Pamplona para amosar os froitos deste galardón, destinado á produción dunha obra desenvolvida en Navarra. Desde A Cuarta Parede temos a sorte de volver a sentarnos con ela para facer un repaso aos seus últimos proxectos, a súa visita ao festival e as recentes polémicas nas que se viu envolta. Guerrilleira, irreverente, surrealista. Caníbal... Ler máis

TWIN PEAKS: LYNCH FRONTE A LYNCH

Vaia por diante a advertencia de que este videoensaio contén spoilers e secuencias da terceira tempada de Twin Peaks (David Lynch e Mark Frost, 2017 – ). Este traballo nace case de casualidade, repensando as imaxes e as secuencias dunha serie que quedou marcada no maxín daqueles que a vivimos cunha intensidade antes non vista. Lynch fronte a Lynch. Porque desde o inicio deste ‘Return’, esas imaxes verticais filmadas sobre a mesma paisaxe que a icónica secuencia de... Ler máis

ALÉN DA BLACK LODGE. UN DEBATE SOBRE TWIN PEAKS

Pasamos a primavera e o verán pendentes da televisión, das descargas, das tablets, sempre cos auriculares postos, subindo o volume ao máximo, como Gordon Cole nos ensinou. Vímolo todo, mais apenas percibimos unha parte. Tentamos entrar na Black Lodge sen que ningún psicopompo nos quixese levar dentro. MIKE, en soños, berrábanos “iiiiiiii-lek-trííí-si-ti”, e nós espertábamos crendo que sabiamos, para un segundo despois esquecer todo. Tiñamos que falar. Tiñamos... Ler máis

MONICA DEMES: “CREO QUE COMEZAN A DAR ESPAZO PARA QUE A MULLER XOGUE UN ROL DIFERENTE NO CINEMA”

Na pasada edición do 21 Festival de Cine Internacional de Ourense unha rara avis entrou dentro da Competición Iberoamericana. Tratábase de Lilith’s awakening (2016), filme de autor e de terror dirixido por unha muller, Monica Demes, que mesturaba reivindicacións feministas e cine de vampiros dando lugar a unha das obras máis interesantes do festival. Fotografia: Daniel Gallego Comentabas no pase posterior á túa película que estiveras en Galicia hai anos facendo turismo... Ler máis

HOLY MOTORS, de Leos Carax

A VIDA INMANENTE Holy Motors é unha película cun marcado ‘pathos’, unha paixón moi densa que apenas deixa espazo ao espectador para padecer, segundo o seu albedrío, as imaxes que se lle presentan –seguramente esa sexa unha das razóns polas que lle é tan doado a Leos Carax irritar ao público (así como aos produtores, visto o que lle custou volver a embarcarse nesta auténtica iluminación, unha frecha lanzada ao futuro)–. Un riso que os devolve á casa,... Ler máis

DAVID LYNCH: UN UNIVERSO EN MIL SOPORTES

“Eu era pintor. Pintaba e asistía á escola de belas artes. Non me interesaban as películas. Ás veces ía ao cinema, pero eu só quería pintar. Todos os anos ao final do curso organizábase un concurso de pintura e escultura experimental. O ano anterior presentara unha peza e esta vez pensei: “Vou facer un cadro móbil”. Esculpín unha pantalla de 1,80 metros por 2,40 metros, sobre a que proxectei unha película de animación stop-motion bastante rudimentaria. Titulábase... Ler máis