PORTO/POST/DOC 2016: UN FESTIVAL SENSORIAL

Un festival de cinema é unha experiencia intensa, de moitas horas na sala e poucas na cama. Alén de provocar algunha que outra cabezada involuntaria, a falta de sono tamén axuda a potenciar toda caste de sensacións, dentro e fóra da sala. No mellor dos casos, volvémonos hipersensíbeis, percibimos cousas que antes non percibiamos: o cinema educa o noso ollar e estimula o resto dos nosos sentidos. Por iso, a idea de organizar a terceira edición do Porto/Post/Doc arredor... Ler máis

NOVOS CINEMAS 2016: DA AUTOINDULXENCIA (DOS PERSONAXES) Á AUTOESIXENCIA (DOS PROGRAMADORES)

A primeira edición dun festival é, nestes tempos de retalladas austeritarias, un acto de afouteza, e máis aínda se ese festival se constrúe a partir dun concepto forte e significativo, como acontece con Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra. A idea dos seus programadores, Suso Novás e Ángel Santos, é tan sinxela como efectiva: crear un festival dedicado a aqueles cineastas que só teñen unha ou dúas longametraxes na súa traxectoria, dándolle... Ler máis

“A SENSACIÓN DE ESTAR ALÍ” COA “CÁMARA QUE VAI A TODAS PARTES”

Festival Internacional de Cine de Las Palmas 2016 from A Cuarta Parede on Vimeo. A luz, as nubes, o vento, a cidade, o mar. Las Palmas de Gran Canaria coa súa extraordinaria beleza acolleu do 4 ao 13 de Marzo o 16º Festival Internacional de Cine. As musas do arte, o cine, a música, o teatro, a poesía, reunidas nun mundo gobernado por cousas para celebrar, pese a todo, a vida. E por un instante o cinema morto, o das cousas, vese eclipsado por un cinema de vida, o de esas cinematografías... Ler máis

FICX 2015: UN MODELO CONSOLIDADO

José Sacristán na gala de inauguración. Cando a equipa de Nacho Carballo se fixo coa dirección do FICX hai catro anos, a súa entrada estivo chea de polémica pola sonora saída do anterior director, José Luis Cienfuegos, moi querido pola cinefilia en España e cun público fiel na cidade. Non axudou nada que esa 50 edición de 2012 se mostrase errática e cunha selección pobre. Mais xa pasou unha lexislatura, e pouco se lle poderá reprochar a un festival que soubo traer... Ler máis

DOCLISBOA 2015: A GLORIA DE PROXECTAR CINEMA EN PORTUGAL

O Doclisboa’15, Festival Internacional de Cinema, afrontou a súa décimo terceira edición coa solvencia propia dun certame consolidado, capaz de achegar ao público asistente un amplísimo abano de propostas que asolagaron durante dez xornadas as distintas sedes do festival. Máis de duascentas obras, sumando curtas e longametraxes, agrupadas en trece seccións, compuxeron a aposta para 2015 dun festival que se ten situado por méritos propios entre os grandes eventos europeos... Ler máis