TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO, de Xiana do Teixeiro
Apáganse as luces da sala e na pantalla aparece a intermitente imaxe fragmentada dunha Nina Simone, vestida coas súas características cores e respostando con espontaneidade, sinceridade e poética a un entrevistador que lle pregunta “que significa ser libre”. A artista dalle un par de voltas á cuestión, mais conclúe dicindo, de xeito rotundo, que para ela ser libre é non ter medo. Así comeza Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro, 2018), un perfecto entrante... Ler máis
FESTIVAIS DE CINEMA: UN MODELO A CAMBIAR
Foto: Daniel Gallego En paralelo ás proxeccións que o Festival de Cinema de Ourense programou na cidade durante 7 días, lugares coma o Café Pop Torgal, un dos epicentros culturais da cidade, acolleron diferentes presentacións, performances e debates. No ecuador do festival, Fran Gayo, director artístico do OUFF, moderaba unha mesa redonda sobre festivais de cinema que pretendía, non tanto solucionar un modelo que semella estar a quedarse obsoleto ou descompasado cos tempos,... Ler máis
O DEBATE DOS CINECLUBES (III): ACTIVIDADES, FINANCIAMENTO E MEDIOS TÉCNICOS
Cineclube Lumière Terceira e última parte do debate dixital sobre a situación actual dos cineclubes en Galiza e no Norte de Portugal entre Iván Cuevas (Cineclube de Compostela), Paulo Cunha (Cineclube de Guimarães), Mely López (Cineclube Lumière de Vigo), Marcos Nine (Cineclube da Illa de Arousa), Ricardo Paz (Cineclube do Carballiño) e Manuel Precedo (Cineclube Padre Feijoo de Ourense). Podedes ler a primeira parte aquí e a segunda parte aquí. 5. As Actividades ACP:... Ler máis
O DEBATE DOS CINECLUBES (II): PROGRAMACIÓN E PÚBLICO
Segunda parte do debate dixital sobre a situación actual dos cineclubes en Galiza e no Norte de Portugal entre Iván Cuevas (Cineclube de Compostela), Paulo Cunha (Cineclube de Guimarães), Mely López (Cineclube Lumière de Vigo), Marcos Nine (Cineclube da Illa de Arousa), Ricardo Paz (Cineclube do Carballiño) e Manuel Precedo (Cineclube Padre Feijoo de Ourense). Podedes ler a primeira parte aquí. 3. A Programación ACP: Cal sería o voso criterio de programación? Manuel... Ler máis
O DEBATE DOS CINECLUBES (I): FUNCIÓN E ORGANIZACIÓN
Cando o público espertou, os cineclubes seguían alí, alleos á dinámica de eventos, fornecendo aos espectadores dunha programación regular, porque o pracer de ver un bo filme ben acompañado non ten porqué depender do calendario. Os cineclubes son o pasado e o presente da cinefilia. Son un lugar onde atopar aos amigos nunha tarde calquera, nun lugar calquera. E son un feixe deles, cando menos en Galiza e en Portugal. Por iso, dende A Cuarta Parede, quixemos falar cos responsábeis... Ler máis
Número 31
Os cineclubes son uns axentes perennes da cinefilia que teñen o valor de seguir reivindicando a dimensión colectiva e participativa do cinema. Nós somos os seus espectadores, e algúns mesmo estivemos detrás da súa programación nalgunha tempada, polo que é tempo adicarlles este novo número d’A Cuarta Parede. Queríamos saber como lles van as cousas nestes tempos de peche (nas nosas casas, co noso home cinema, coa nosa conexión á rede e a nosa suscrición a distintas... Ler máis
E O CINEMA NO 20-D? OS PARTIDOS RESPONDEN
Ante as eleccións do 20-D, non queriamos perder a oportunidade de poñer a conversar os partidos sobre un tema que, loxicamente, nos parece esencial, e moi habitualmente queda fóra dos debates dos candidatos: o cinema. Se xa habitualmente nos custa coordinar os nosos habituais debates online, facelo cun bo feixe de partidos políticos, en plena campaña electoral, era absolutamente imposible. Nesta ocasión, decidimos polo tanto enviarlles a todos o mesmo cuestionario, para... Ler máis
AS POLÍTICAS AUDIOVISUAIS ANTE O 20-D: UN DEBATE DENDE GALICIA
Ante a cita do 20-D coas urnas nas eleccións xerais, a Academia Galega do Audiovisual quixo coñecer de primeira man as propostas que, en materia de política audiovisual, presentan as principais formacións políticas. Para iso organizou unha mesa redonda na que participaron catro dos candidatos ó parlamento español por Galicia: Juan de Dios, polo Partido Popular, Ricardo García Mira, polo PSdeG-PSOE, Isabel Risco, como representante de Nós-Candidatura Galega e Ángela Rodríguez... Ler máis
PORTO/POST/DOC: ONDE ESTÁ O REAL?
É habitual que se organicen congresos ou seminarios temáticos de cinema nas universidades, pero non é moi común que estes teñan lugar no marco dun festival, co ritmo frenético que impón unha grella ateigada de filmes para ver; necesidade non sempre ben xestionada polos críticos de estar ao tanto de todo, a toda costa. Máis raro aínda é que a reflexión sobre os filmes vaia alén do debate posterior co director, polo menos durante o certame, dun xeito regrado, sen que... Ler máis
CINEASTA EMERXENTE? BERLINALE TALENTS
Os festivais de cinema son unha plataforma, en moitos casos, para atopar co-produtores ou fondos para financiar un filme. A maioría de certames de clase A contan con eventos paralelos ou bolsas que facilitan a realización de películas ou, cando menos, achegan unha axuda para rematalas. A Berlinale non podía ser menos. De feito, o volume destes cursos, encontros, bolsas e demais para novos realizadores – ou profesionais en xeral, hai 12 categorías ás que presentarse –... Ler máis