KLOTZ E PERCEVAL: “TOURNEUR SEMPRE NOS INFLUÍU”

Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval son dous vellos coñecidos deste xornalista, que puido entrevistalos por primeira vez en 2009 para Xornal de Galicia polo seu paso pola Coruña para unha retrospectiva no CGAI, pero tamén desta revista. En 2012 protagonizaron moi amablemente un dos primeiros vídeos dedicados a cineastas na sección Procesos, co motivo da presentación no festival de Xixón de Low Life (2011), película que recollía moi ben todo o descontento dunha xeración... Ler máis

CANNES DÍA 11: A VOLTA DO VERHOEVEN MÁIS PERVERSO

Hai quen di que O libro negro (2006) supuxo o aburguesamento de Paul Verhoeven logo de 30 anos en Holanda e Hollywood facendo filmes claramente controvertidos e desprexuízados, por momentos considerados mesmo fascistas, coma o caso de Starship Troopers (1997), ou frívolos, como a agora película de culto Showgirls (1995). A filmografía deste director sempre tivo a mesma preocupación, estudar a condición humana no que se refire aos nosos instintos máis básicos, como a posesión... Ler máis

ENTREVISTA A JOSÉ LUIS GUERÍN (Parte II)

“PARA MIN FOI MÁIS BENEFICIOSO IMAXINARME O ‘UNDERGROUND’ QUE DESPOIS COÑECELO” · Segunda parte da entrevista con José Luis Guerín, máis centrada en La dama de Corinto, Correspondencias e no seu próximo proxecto. Interrompemos a anterior en medio dunha resposta na que recordaba a súa mocidade. Neses anos, a miúdo imaxinaba as películas a través dos fotocromos que observaba nas vitrinas dos cines. A conversa continuou así:   “Retomei... Ler máis

ENTREVISTA A JOSÉ LUIS GUERÍN (Parte I)

“ESTIMÚLAME OUTORGAR VALOR SEMÁNTICO ÁS PEGADAS DUNHA PAISAXE” · José Luís Guerín, un dos realizadores esenciais do cinema español contemporáneo, autor de películas como En construcción (2001) ou En la ciudad de Sylvia (2007), visitou o pasado 24 de xuño o CGAI para impartir unha clase maxistral e presentar o seu último filme, Guest (2010). A conversa que mantivemos con el céntrase neste e nos seus dous traballos máis recentes. Por unha banda, a correspondencia... Ler máis