SAN SEBASTIÁN 2019: A CABALO GAÑADOR

I. Regresar un ano máis ao Festival de San Sebastián, aínda que sexa por uns días e por tanto coa visión parcial do mesmo que impregnará estas liñas, supón para o que as asina reencontrarse con certa idea iniciática do cinema. Por moito que a bagaxe asúmase moito maior, e a programación sexa máis heteroxénea que a comezos da década, moi reforzada polo sopro de aire fresco que trouxo consigo a apertura de Tabakalera, as sensacións que espertan as maratóns á beira... Ler máis

白日焰火 (BLACK COAL, THIN ICE), de Diao Yinan

Logo de completar un extenso percorrido polos festivais de medio mundo -incluindo Tribeca, Busán, Karlovy Vary, Vancouver ou Londres- e de ser a vencedora indiscutíbel da edición máis recente da Berlinale -coa obtención do Oso de Ouro ao mellor filme e o Oso de Prata para o seu actor principal- 白日焰火 (Black Coal, Thin Ice, Diao Yinan, 2014) chega agora ás pantallas estatais cunha inmediatez que adoita ser inusitada para o mercado asiático de autor no noso país.... Ler máis