Wong Kar-Wai: A persistencia do trazo dunha bágoa no ceo cambiante de Hong Kong (I)

As Tears Go By (Wong Kar-wai, 1988) Coincidindo co 20 aniversario de In the Mood for Love, e con motivo da restauración e reestrea de sete dos seus filmes máis emblemáticos, nun contexto de produción masiva de remakes cinematográficos que buscan o beneficio na comercialización da nostalxia, cómpre falarmos da filmografía dun dos directores que mellor e máis puramente traballa a materia de aquilo que constitúe o pasado, nun exercicio de dominio do tempo pretérito para... Ler máis

Hamada, de Eloy Domínguez Serén

Falar do cinema de Eloy Domínguez Serén é falar dun cinema de diásporas. O seu anterior filme, Ingen Ko Pa Isen (2015) exploraba a experiencia migratoria e a aprendizaxe dunha lingua en primeira persoa. Antes, tamén se achegaba a estes outros lugares e as estas persoas desprazadas dunha ou outra forma. Jet Lag (2014) non é outra cousa que un thriller que nace da intención de documentar ese espazo misterioso e rutineiro que é a noite para un empregado dunha gasolineira. En... Ler máis

CURTAS 2016: XENEALOXÍAS EN ESPIRAL

Público e crítica tiñan moitos motivos para estar á vontade no último Curtas Vila do Conde: o reencontro cos amigos, o gol do Éder, o sol do verán ou as copas na noite. Neste sentido, a experiencia do festival estivo á altura das expectativas, mais o nivel dalgunha sección, nomeadamente da competición nacional, ficou un bocado por debaixo doutros anos. O problema, como xa argumentaron os meus colegas Luís Mendoça e Jorge Mourinha nas súas respectivas crónicas para... Ler máis

A CUESTIÓN DA IDENTIDADE NO NOVO CINEMA GALEGO

O cinema galego é un concepto fuxidío, escorregadizo, múltiple e ambiguo. Sempre hai debates para definilo, e mesmo pelexas: dunha banda, hai quen considera que os únicos filmes que poden considerase galegos son aqueles filmados en Galiza e en galego, por cineastas do país, e financiados con capital autóctono; mentres que doutra banda hai quen chama galego a calquera filme rodado por un cineasta local dentro ou fóra de Galiza, ou por cineastas de calquera procedencia que... Ler máis