FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE 2016: O ANO DA RENOVACIÓN
Se ben é certo que o Festival de Cine Internacional de Ourense levaba vinte edicións detrás, esta vixésimo primeira edición foi tamén a primeira dunha nova lexislatura. Coma un político electo, agardo que me perdoe o insulto, Fran Gayo chegou aos mandos do festival cunha intención clara: reinventar o OUFF, pór o de dentro cara fóra e viceversa. Por iso, esta edición estivo marcada por unha forte aposta por un cine non só independente, senón un cine de autor. O festival... Ler máis
REIVINDICANDO A ANTONIO MAENZA, O CINEASTA, NON O MALDITO
Intentaremos non repetir todo o xa dito sobre Maenza ao longo deste texto, é dicir, intentar fuxir de todos os clixés xa consabidos e preexistentes que existen sobre a figura do cineasta turolense. Aínda que por desgraza descoñecido para a maioría do público, tanto xeralista como máis especializado, sen lugar a dúbidas o adxectivo que acompaña o nome de Antonio Maenza é o de maldito. Ese “malditismo maenziano” é o que, dun modo casi marxista, imos intentar erradicar... Ler máis
AVANTI POPOLO, de Michael Wahrmann
Na escuridade da noite, un vehículo viaxa sen rumbo polas rúas de São Paulo. Acompañando o desconcertante percorrido, imos escoitando un programa radiofónico no que o condutor fai un repaso por un gran número de cancións reivindicativas, das que acompañaron os diversos procesos revolucionarios xurdidos no continente latinoamericano no século pasado. Nun momento dado, un home se cruza no percorrido do vehículo, desafiando coa ollada ao condutor do mesmo, e, polo tanto,... Ler máis
DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (I/II)
É posible que esteamos a vivir un cambio de paradigma político a nivel internacional, e non sabemos que resultados terá. Moitos cineastas parecen intuílo e, dende o rexistro urxente, están a documentar estes cambios dificilmente definibles. O ano 2014 está a ser especialmente rico neste eido, e o Doc Lisboa soubo verdadeiramente identificar este pulso. É unha tendencia que mira tamén ao pasado, pois a historia pode ensinarnos moito das turbulencias da actualidade política.... Ler máis
O HAN NO CINEMA SURCOREANO
Ban Ki-Moon a ritmo de Gangnam Style, os omnipresentes móbiles Samsung, a incipiente presenza do kimchi nos bufetes asiáticos, a ameaza de guerra nuclear de Kim Yong-un… Como rezaba a reportaxe central de El País Semanal do pasado 8 de setembro: “Corea del Sur. La próxima invasión”. O cinéfilo ri co titular, porque iso de que a cultura popular do país non estivera moi presente ata agora no noso, como que non é moi exacto1. 2003: Memories of Murder (Bong Joon-ho)... Ler máis
SITGES 2013 (1/4): WE ALL DIE IN THE END
Suponse que a función dun programador é a de xuntar títulos para producir un discurso. Atendendo a este principio básico, pódese afirmar que o equipo de Sitges tivo as cousas moi claras para trazar as liñas definitorias deste 2013. Advertimos polo menos dúas moi claras e cruzadas, e outros tantos apuntamentos que dialogan con temas de pasadas edicións. Polo rico da proposta, dividiremos a nosa cobertura deste ano en catro partes, publicadas ao longo de dúas semanas, para... Ler máis