WESTERN, de Valeska Grisebach
Un grupo de traballadores alemáns chega a un lugar inhóspito da fronteira entre Bulgaria e Grecia para levar a cabo as obras dunha planta hidráulica. Nunha área montañosa e practicamente despoboada, comezan a desenvolver unhas dinámicas de traballo que dalgunha maneira afectarán os poucos paisanos da zona, quen os miran con receo. Só un deles, amigo dos cabalos salvaxes da contorna, chamado “o novo” polos operarios teutóns e que recibe o alcume do “lexionario”... Ler máis
INDIE LISBOA 2014: DIVERSIDADE E COHERENCIA
Lograr que máis de 200 títulos da tempada cinematográfica en curso dialoguen entre si é algo ben complicado, por non dicir imposible. Se cadra conscientes de que, ante tal magnitude, non se pode asir unha única idea ou trazar un fío condutor, os programadores da undécima edición do Indie Lisboa optaron pola diversidade. Un criterio que congregou no festival un amplo abano de tendencias, nas que se intúe un espírito común: o risco. É na exploración de novas linguaxes... Ler máis