Número 36
Na última tempada de Twin Peaks (David Lynch e Mark Frost, 2017 – ) as liñas entre o pasado e o futuro torcéronse abrindo novos camiños que, de seguro, marcarán o cinema que está por vir. O pasado dicta o futuro, efectivamente; mais tamén o presente ten algo que dicir ao respecto. A Cuarta Parede non é allea aos cambios que conleva o paso do tempo, polo que decidimos modificar a nosa estrutura para garantir a vitalidade deste proxecto que comezou alá polo 2011. A... Ler máis
DOCLISBOA 2015: ZILNIK E TERRORISMO
Esta crónica continúa dunha anterior, sobre a sección oficial. Zelimir Zilnik A retrospectiva que, como cada ano, o Doclisboa dedica a un cineasta de relevancia internacional recaeu, nesta edición, na figura do serbio Zelimir Zilnik. Neste caso, a inabarcable obra do autor, con máis de medio cento de filmes para cinema e televisión, lévanos a pór en cuestión o espírito “completista” desta caste de retrospectivas que se desenvolven en tan pouco espazo de tempo. Se... Ler máis
DOCLISBOA 2015: A GLORIA DE PROXECTAR CINEMA EN PORTUGAL
O Doclisboa’15, Festival Internacional de Cinema, afrontou a súa décimo terceira edición coa solvencia propia dun certame consolidado, capaz de achegar ao público asistente un amplísimo abano de propostas que asolagaron durante dez xornadas as distintas sedes do festival. Máis de duascentas obras, sumando curtas e longametraxes, agrupadas en trece seccións, compuxeron a aposta para 2015 dun festival que se ten situado por méritos propios entre os grandes eventos europeos... Ler máis
ANOTACIÓNS ACERCA DA CRÍTICA E A PROGRAMACIÓN CINEMATOGRÁFICA
0. Preámbulo Fun convidado por Víctor Paz Morandeira e Iván Villarmea para dar unha charla acerca das relacións entre a crítica e a programación cinematográfica actual, dentro do magnífico festival Play-Doc de Tui 2015. A súa proposta levoume a idear o desenvolvemento dos puntos básicos do traballo destas dúas profesións na actualidade. A falta de conseguir un discurso cunhas conclusións claras, de expor algo que tivera unha coherencia na súa totalidade, dividín... Ler máis
ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE O DOCUMENTAL PORTUGUÉS NO INICIO DO SÉCULO XXI
Este traballo representa unha análise global do documental portugués do inicio do século XXI1. Padece, polas circunstancias propias do tempo en que foi escrito, da ausencia dun tratamento máis distanciado e sistemático da información dispoñíbel. Non se pretende presentar un estudo definitivo, mesmo nin se entende como concluído; é antes un convite ao coñecemento e a reflexión sobre o documental portugués máis recente, que se espera poida conducir a unha explotación... Ler máis