DON’T GO GENTLE: A FILM ABOUT IDLES, de Mark Archer
Comezo este texto con dúas anécdotas persoais, unha máis longa que a outra. A primeira é que recoñezo que a corentena destes últimos meses pilloume cunha lista de filmes que ver moi grande. Clásicos que sempre dis “xa verei” e outros que realmente tiña ganas de ver. Entre todos eles decateime, ao pensar neste texto, que moitos tiñan relación coa música. Especialmente co documental musical. Hai uns anos falaba nesta mesma revista de diferentes tipos de documentais... Ler máis
DOC LISBOA 2017: LUGARES DE FALA
Cómpre eloxiar a extraordinaria coherencia coa que os programadores do Doc Lisboa establecen ligazóns entre as diferentes seccións do festival: este ano, dunha banda, había varios filmes espello, que trataban os mesmos temas dende distintas perspectivas –como a morte, en 方綉英 (Mrs. Fang, Wang Bing, 2017) e End of Life (John Bruce & Pawel Wojtasik, 2017); ou o racismo, en Did You Wonder Who Fired the Gun? (Travis Wilkerson, 2017) e Purge this Land (Lee Anne Schmitt,... Ler máis
RARA AVIS
Eva Rivera Soler é a Directora do Festival Dock of the Bay de Cinema Documental Musical de Donostia- San Sebastián Ano tras ano, nestas datas, a catro meses do inicio de Dock of the Bay, xusto antes do comezo dun remuíño que durará até o último día do festival, a mesma pregunta regresa á miña cabeza: Por que o facemos? Que estraña forza me impulsa a dirixir un festival de cinema documental musical en Donostia? Se cadra é a falta de recursos da que sempre partimos... Ler máis
O LUGAR DA MÚSICA
A música evoca, emociona, distrae, anima e acompaña, mais hai unha cousa que a música non pode facer: a música non se pode ver, e iso, nunha sociedade tan atrapada como a nosa polo impulso voyeur, resulta profundamente desconcertante; tanto que moitas veces pechamos os ollos cando escoitamos música, cando bailamos, para non ver ren e sentir mellor unha canción, unha melodía, un ritmo. Hai veces, no entanto, que as imaxes axudan a potenciar as sensacións que transmite... Ler máis
RETRATOS DE JOY DIVISION
1979, Londres. O aínda xoven Anton Corbijn, apaixoado da música dende neno, trasládase á capital inglesa na busca da banda Joy Division. Alí comeza a traballar como fotógrafo para a revista NME. Unha vez entra en contacto co grupo post-punk, o holandés dará comezo a un corpus artístico que abarcará fotografía, videos musicais e cinema. Influenciado polo expresionismo alemán, o artista holandés é coñecido polas súas imaxes analóxicas en branco e negro que lle permiten... Ler máis
LONGA NOITE DE LERIA
Madrugada do 6 de Abril de 2014. Sala Metropol, Tui. FOTO: Tamara de la Fuente Os ritmos do pop comercial, do house máis empalagoso e dos tempos da melancolía tornáronse en creación electrónica pop fresca con voz embelesadora, tornáronse en versos galegos cunha posta en escea de rapeiros que non transmitiron máis ca enerxía e desvergoña, e tornáronse nese rock que nos lembra aos anos oitenta coas cazadoras vaqueiras e o estilo punk da época que nunca pasa. Sequin, Malandrómeda... Ler máis