As Armas e o Povo, do Colectivo dos Trabalhadores da Actividade Cinematográfica

Hai cincuenta anos a Revolución dos Cravos en Portugal puña fin a preto de medio século de ditadura salazarista. De entre os diversos filmes que se teñen feito sobre o tema, As Armas e o Povo, do Colectivo dos Trabalhadores da Actividade Cinematográfica, é un dos que máis destaca por diversos motivos. En primeiro lugar, inmortalizou in situ o acontecemento, con todo o valor histórico que isto ten. Gravado entre o 25 de abril e o 1 de maio de 1974, recolle polo tanto os... Ler máis

Carlos Pardo Ros: “Entendo o cine como unha forma de traballo comunitario”

O 12 de xullo de 1969, en plenos Sanfermines, un touro matou a H dunha cornada no corazón. H era o tío de Carlos Pardo Ros, e o relato, unha desas narracións familiares que se escoitan unha e outra vez até chegarnos completamente alteradas segundo a versión. Hoxe, Carlos traslada ao cine aquela noite pamplonesa para convertela nunha historia contemporánea de pantasmas e existencialismos, onde a misteriosa figura daquel home multiplícase e desvanécese na escuridade. Con... Ler máis

Cannes 2023 (V): as curtas son de estudantes?

Man in Black, de Wang Bing Persiste esa crenza estúpida e difícil de tombar de que as curtas son un formato de aprendizaxe. Pois ben, este ano Cannes programou pezas breves, ademais da xa comentada de Jean-Luc Godard, de Wang Bing, Pedro Costa e Man Ray. Serven para desmentir esta aseveración tan repetida? O chinés asina en Man in Black (2023) un exercicio que está entre a performance, o documental confesional e unha sinfonía audiovisual, na que a música do compositor Wang... Ler máis

Cannes 2023 (I): eterno Godard

Cada vez que sae un filme de Jean-Luc Godard, isto convértese nun acontecemento na comunidade cinéfila. Se esta é unha fita póstuma e se presenta en Cannes, o asunto adquire dimensións colosais. Así foi o noso bautismo onte nesta cita festivaleira. A sala Debussy, espazo dedicado ás propostas máis autorais e a preferida do certame para JLG en vida, repleta para ver unha curtametraxe. Entre os presentes, como recordou o delegado xeral Thierry Frémaux no seu discurso,... Ler máis

Dúo, de Meritxell Colell

A VIAXE DA CINEASTA / A VIAXE DA COREÓGRAFA En 2018 Meritxell Colell asinou unha das óperas primas españolas da tempada, Con el viento. Nesta traballou coa coreógrafa Mónica García nunha historia que a seguía dende Bos Aires, o seu lugar de traballo e residencia, ata as súas orixes nunha vila de Burgos, practicamente abandonada, á que acudía pola morte de seu pai. Alí atopábase coa súa nai e, coa axuda das súas irmás, axudábaa a vender a casa familiar. Era unha... Ler máis

Locarno 2022: Modulacións do real

Tales of the Purple House (Hikayat elbeit elorjowani, Abbas Fahdel, 2022) As cámaras captan en esencia a vida, mesmo coas tramas máis fantasiosas. Poderiamos así afirmar que o cinema do real é un dos máis puros que existen. A 75ª edición do Festival de Locarno deunos bos exemplos. O premio do xurado ecuménico recaeu en Tales of the Purple House (Hikayat elbeit elorjowani, Abbas Fahdel, 2022), un galardón que sabe a pouco para un filme tan excelso, pero que ten bastante... Ler máis

Play-Doc 2022: Cinema galego

Tatuado nos ollos levamos o pouso (Diana Toucedo, 2022) Un ano máis, o Play-Doc deu conta da diversidade do cinema galego de non ficción con propostas que ían dos retratos canónicos con entrevistas ao cinema observacional, da contemplación pictórica ao uso de actores en contextos reais, ou que chegaban mesmo á utilización de drons con obxectivos narrativos e de documentación da realidade moi específicos, lonxe da dinámica de gadget que habitualmente se aplica a este... Ler máis

Danny Lyon: Retratista do desarraigo

Un ano máis o Play-Doc de Tui volve exhibir músculo coas súas retrospectivas. Entre o 4 e o 8 de maio poderase ver no festival tudense a obra de Danny Lyon, reputado fotógrafo cuxa traxectoria cinematográfica é absolutamente descoñecida. Este ciclo é o primeiro que se lle organiza a nivel internacional, fóra dos seus natais Estados Unidos. ‘Estados Quebrados’ poderían definir mellor a xeografía e rostros que Lyon retrata no seu traballo. Apegado aos preceptos... Ler máis

17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Sección Impropias

As manifestacións do homo post-sovieticus Holidays (Marina Razbezhkina, 2006) Durante anos viaxei recollendo testemuños por toda a antiga Unión Soviética, porque á categoría de Homo Sovieticus non só pertencen os rusos, senón tamén os bielorrusos, os turkmenos, os ucraínos e os casacos… Agora vivimos en Estados distintos e falamos linguas distintas, pero seguimos sendo inconfundibles. Distínguesenos á primeira!  Svetlana Aleksiévich – “El fin del Homo Sovieticus” Sendo... Ler máis

Flee, de Jonas Poher Rasmussen

IDENTIDADE REPRIMIDA En 2008 un israelita chamado Ari Folman dirixía un filme documental de animación que cambiaría a forma na que percibimos o xénero. Ese título, Vals con Bashir, partía dunha serie de entrevistas e usaba os debuxos para reproducir aquilo que non era representable. Os sionistas fixeran esforzos por agochalo. Falamos da primeira guerra do Líbano, a inicios dos oitenta, e falamos de refuxiados palestinos. Esa obra probou que a animación pode, en efecto,... Ler máis