CONTAMINACIÓNS INTRARREFERENCIAIS: VIDEOXOGO E CINEMA, UNHA ESTÉTICA COMÚN

As vinculacións máis interesantes son as de transferencia emotiva que comparten ambos os dous medios. (IMAXE: ‘Mirror’s Edge’). 1 A xente adoita recordar, como momento temperán de intensidade vital, algunha das súas primeiras experiencias no cinema. Adoita recordar aquela iniciática película de mundos fantásticos e efectos incribles que lle permitiron soñar, a aqueles personaxes superheroicos de corpos hercúleos que salvan a humanidade, ou os tipos duros... Ler máis

VIVE, MORRE, REPITE: DE COMO ‘EDGE OF TOMORROW’ EMPREGA O TEMPO DO VIDEOXOGO

Cando se estreou Edge of Tomorrow (Doug Liman, 2014) pasaron dúas cousas: primeiro, que nos pillou a todos (crítica, público e academia) desprevidos; segundo, que foi sinalado como o primeiro filme que adaptaba con éxito as formas do videoxogo. A revista Wired referiuse a este traballo como “o mellor videoxogo que non podes xogar” e en The Atlantic o catalogaron como “un videoxogo cun único save point”. Ninguén semellaba dubidalo: era o resultado dunha tormenta... Ler máis