そして父になる (LIKE FATHER, LIKE SON), de Hirokazu Kore-eda

Até 2013, Hirokazu Kore-eda viviu á marxe do gran público xaponés. O seu cinema moveuse na fronteira, nos circuítos alternativos e, sobre todo, en Occidente e nos seus máis prestixiosos festivais cinematográficos. Se facemos unha breve revisión dos datos que os seus últimos filmes lograron en Xapón, descubrimos con asombro que as cifras son irrisorias: 歩いても 歩いても (Still Walking, 2008) obtivo 167.047 dólares, 空気人形 (Air Doll, 2009) 847.373, 奇跡... Ler máis

東京家族 (TOKYO FAMILY), de Yoji Yamada

De obra mestra a obra de mestre Pouco hai que contar do argumento de 東京家族 (Tokyo Family, Yoji Yamada, 2013) para aqueles que xa teñan visto 東京物語 (Tokyo Story, Yasujiro Ozu, 1953), alén de salientar o enxeño que desprega Yoji Yamada para adaptar a obra mestra do cinema xaponés aos tempos actuais. Todo, ou case todo en Tokyo Family reproduce o conto de Ozu para lembrarnos que logo de sesenta anos, e malia tódalas revolucións tecnolóxicas que houbo nas últimas... Ler máis