Cannes 2023 (II): quen controla o relato, ten o poder

May December, de Todd Haynes Todd Haynes ten unha longa e diversa filmografía, pero seguramente sexa recoñecido sobre todo por revitalizar a tradición melodramática do cinema norteamericano con fitas como Far From Heaven (2002) ou Carol (2015). O seu último filme, May December (2023), presentado esta semana en Cannes, garda relación temática con estas no sentido en que desenvolve relacións prohibidas a ollos da sociedade. Se o personaxe de Julianne Moore (protagonista... Ler máis

Berlinale 2023 (IV): delicada peza de ourive

Passages, de Ira Sachs Ás veces non se comprende como certas obras notables acaban en seccións paralelas dos grandes festivais, cando claramente teñen o suficiente nivel como para competir en oficial. Ocorreu este ano na Berlinale con Passages (Ira Sachs, 2023), presentada en Panorama e que se erixe como o filme máis destacable desta edición no ecuador do festival. O neoiorquino é coñecido polos seus dramas protagonizados habitualmente por parellas gais, cun grande naturalismo,... Ler máis

A virxe roxa, de Marcos Nine

Podes ler a versión orixinal deste texto en inglés. A virxe roxa, de Marcos Nine, narra a historia de Aurora Rodríguez Carballeira, nacida en Ferrol a finais do século XIX. Ao medrar, Aurora comezou a interesarse polas sociedades utópicas, e incluso tratou de crear unha. Dedicou todas as súas enerxías a criar á súa filla Hildegart (cuxo pai era un cura que nunca reclamou a súa paternidade), á que vía como o prototipo da “nova muller”. Aos 14 anos, Hildegart falaba... Ler máis

El acontecimiento, de Audrey Diwan

© Caramel Films Os ollos azuis e enormes de Anne (Anamaria Vartolomei) analizan cada xesto, cada acción. Os seus ollos permanecen mentres ela avanza a toda velocidade, cargando de xeito oculto coa súa desesperación. Detense só un momento, a respirar e mollar a cara, para despois continuar. Semella que nos apela coa súa mirada, atravesando a pantalla, e que nos pide axuda, sabendo que non podemos darlla. El acontecimiento sitúase na Francia dos anos 60 e conta a historia... Ler máis

Un pequeño mundo, de Laura  Wandel

Un pequeño mundo, de Laura Wandel © Avalon Resulta complicado dicir algo sobre unha película que fala tan ben por si soa. Que berra tanto de forma tan silenciosa, enquistándose a lume nas veas e facéndonos arder por dentro. Vólvese case innecesario dicir nada sobre ela por medo a estragala ou ferir a súa naturalidade. Non é unha película que poidamos pensar. Non nos dá tempo. É un torrente de incerteza e medos. Todo é mentira comparado cunha soa secuencia da inmensa... Ler máis

Festival de Sevilla 2021: Petiscos cinéfilos

Logo dun ano pandémico no que o Festival de Sevilla se fixo só para o público local (alén de actividades online para industria), puidemos volver ás salas nunha edición que estivo moi cargada emocionalmente, pois por fin nos viamos e tocabamos tras ano e medio comunicándonos a través de pantallas. As do cinema déronnos mostra de que a sétima arte goza de boa saúde. É esta unha crónica parcial, de visita breve, na que con todo atopamos unha concentración de xoias... Ler máis

A ruleta da fortuna e a fantasía, de Ryûsuke Hamaguchi

A OBRA MESTRA DO CINEASTA DO MOMENTO O nipón Ryûsuke Hamaguchi é posible que sexa un dos realizadores máis prolíficos do panorama actual (con permiso de Hong Sang-soo). Ten só 42 anos e 15 títulos xa na súa filmografía, aínda que só verdadeiramente catro que se movesen a nivel internacional. Fican os outros por descubrir, supoño. O terceiro que nos chega a Occidente é A ruleta da fortuna e a fantasía (偶然と想像, Gûzen to sôzô, 2021), logo de Happy Hour... Ler máis

La vida de los demás, de Mohammad Rasoulof

“Isto é Irán. Aquí non hai lei, só diñeiro e nepotismo. Dinche que apartes o tallo e falo, ou serás ti e o teu mellor amigo apartará o tallo dos teus pés”. Reflexións tan explícitas como estas nos filmes de Mohammad Rasoulof valéronlle ao director iraniano sucesivas condenas dos tribunais da república islámica. No seu último traballo, La vida de los demás (There Is No Evil), que se estrea nas salas españolas este venres 25 de xuño, o cineasta realiza unha... Ler máis

Indielisboa 2020 (1/2): Reivindicación da negritude

Co movemento Black Lives Matter cada vez máis presente no contexto político actual, o Indielisboa propúxose este ano recordarnos que esa toma de conciencia non debe quedar só na creación de estratexias de inclusión que permitan ás comunidades negras obter unha maior cota de representación, auspiciada por eles propios e, sobre todo, que sexa a correcta e fóra de estereotipos racistas. Isto é, darlles verdadeira voz. Tampouco chega con darlle voltas ao discurso identitario,... Ler máis

HONG SANG-SOO: “ADORO A LIBERDADE DE QUE CADA TOMA SEXA DISTINTA”

Hong Sang-soo (Seúl, 1960) converteuse nos últimos vinte anos nun dos autores surcoreanos máis importantes do momento, e pode que o que máis teña influenciado os cineastas independentes de todo o mundo. Lonxe da estilización doutros coetáneos como Bong Joon-ho ou Park Chan-wook, o creador de Tale of Cinema (2005) caracterizouse máis ben por un estilo sobrio e por xoguetonas tramas que se constrúen na rodaxe, sen guión, ámbito onde a súa influencia máis se deixa notar.... Ler máis