LE LION EST MORT CE SOIR, de Nobuhiro Suwa

En 2016, Albert Serra abría o seu filme La mort de Louis XIV coa única secuencia que transcorría en exteriores. Nela, presentábasenos a un Jean-Pierre Léaud caracterizado coma o Rei Sol nos ultimos momentos de vida do monarca. Unha vez rematada esta secuencia, a cinta de Serra entraba nunha espiral claustrofóbica que representaba a morte cargando todo o peso na actuación dun soberbio Léaud. Resulta curioso que no 2017, Nobuhiro Suwa escolla arrancar Le lion est mort ce... Ler máis

YOURSELF AND YOURS, de Hong Sang-soo

Nunha entrevista, Hong Sang-soo dicía que o amor é o único que importa nesta vida aparte da cervexa [1]. Igual que sucede no namoramento, e igual que sucede despois dunhas cantas cervexas, Yourself and Yours (2016) é unha película dominada pola dúbida e a ambigüidade, e dende o aparentemente anecdótico acaba sendo, ou parecendo, un filme enormemente sabio sobre a identidade, sobre a nosa identidade cando bebemos alcol, e sobre a percepción que temos da identidade dos... Ler máis