PORTO/POST/DOC: ONDE ESTÁ O REAL?
É habitual que se organicen congresos ou seminarios temáticos de cinema nas universidades, pero non é moi común que estes teñan lugar no marco dun festival, co ritmo frenético que impón unha grella ateigada de filmes para ver; necesidade non sempre ben xestionada polos críticos de estar ao tanto de todo, a toda costa. Máis raro aínda é que a reflexión sobre os filmes vaia alén do debate posterior co director, polo menos durante o certame, dun xeito regrado, sen que... Ler máis
É O AMOR, de João Canijo
Da experiencia do amor: un filme-proceso No 2012, o festival de cinema Curtas Vila do Conde organizou o Campus/Estaleiro, un programa intensivo con estudantes de cinema da rexión do Porto que, como corolario, produciu diversas curtametraxes, poñendo en contacto a eses estudantes con realizadores profesionais. Nese contexto, xurdiu unha proposta directa para o cineasta João Canijo: abordar o microcosmos social das Caxinas, un barrio pesqueiro histórico da zona norte de Vila... Ler máis