INDIELISBOA 2015 (I/III): MIA E WHIT, OS HEROES
Félix de Givry, actor en ‘Eden’ e DJ, amenizou a noite lisboeta. Un ano máis, o Indielisboa volveu mostrar unha selección diversa, que abrangue todos os estilos do cinema independente. Da ficción máis ao uso, á que procura novas formas e se constrúe na rodaxe; do documental cos seus xéneros clásicos, ás propostas performativas máis en boga; mesmo houbo espazo para a animación máis experimental, e doutro tipo de técnicas – sen longas a destacar, iso... Ler máis
EDEN, de Mia Hansen-Løve
DAFT PUNK E TÓDOLOS DEMAIS: UN PASEO POLO FRENCH TOUCH Mia Hansen-Løve (París, 1981) comezou como actriz e crítica de cinema, mais axiña descobriu que o que realmente desexaba era ser directora. Esa decisión levouna até onde está agora: con catro longametraxes realizadas podemos dicir que Hansen-Løve ten xa un estilo moi definido e moitas cousas que contar. A última edición do Festival de Donostia incluiu na súa sección oficial o seu último filme, Eden (2014),... Ler máis
MIA HANSEN-LØVE: “INTENTO FACER IMPRESIONISMO MODERNO”
Para Mia Hansen-Løve (París, 1981), ter actuado na súa tardía adolescencia en dous filmes de Olivier Assayas, un dos tótems do cinema francés contemporáneo, non era suficiente. Con 21 anos, foi redactora de Cahiers du Cinéma, plantando os seus estudos de intérprete. A súa formación humanística, cun máster en filosofía alemá, semellaba dirixila cara un terreo máis teórico, o das letras, que exercería non só como crítica, senón como cineasta, anos máis tarde.... Ler máis