NOS DÉFAITES, de Jean-Gabriel Périot
PEDAGOXÍA FÍLMICA REVOLUCIONARIA Hai quen pensamos que algo non vai ben na Quinta República Francesa. Un réxime un pouco caduco cun taboleiro político que treme decotío: un día son os chalecos amarelos, outro a cíclica insurrección de banlieu, ou o baile de apoios a novos ou renovados partidos en cada elección (véxase agora os Verdes, antes Macron, por momentos a Fronte – perdón, Agrupación – Nacional de Marine Le Pen). Con todo, os franceses aínda poden presumir... Ler máis
LE CONCOURS, de Claire Simon
Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Cinematográfica que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2017 A pesares de ter prendida a etiqueta de documentalista, Claire Simon vese a si mesma como cineasta, consciente, probablemente, da imposibilidade da obxectividade de quen encadra e escolle a imaxe. Se cadra por iso, en Le concours (2016), decidiu levar o aparato de rodaxe ao interior da prestixiosa escola de cinema... Ler máis
WHERE TO INVADE NEXT, de Michael Moore
“O propósito destas viaxes é recoller as flores, non as herbas”, di Michael Moore nun intre da película. E é que Where To Invade Next (2015) é un exercicio de conciencia para os cidadáns estadounidenses, un test a un sistema que xa se ten probado como incompleto e cuxos erros son evidentes; para os que vivimos á outra beira do Atlántico, quizais é unha visión demasiado inxenua. Nesta última película, o director estadounidense acata as “ordes” dos Xefes do... Ler máis
AS POLÍTICAS AUDIOVISUAIS ANTE O 20-D: UN DEBATE DENDE GALICIA
Ante a cita do 20-D coas urnas nas eleccións xerais, a Academia Galega do Audiovisual quixo coñecer de primeira man as propostas que, en materia de política audiovisual, presentan as principais formacións políticas. Para iso organizou unha mesa redonda na que participaron catro dos candidatos ó parlamento español por Galicia: Juan de Dios, polo Partido Popular, Ricardo García Mira, polo PSdeG-PSOE, Isabel Risco, como representante de Nós-Candidatura Galega e Ángela Rodríguez... Ler máis
CINEMA EN CURSO, A ASIGNATURA NECESARIA
Hai un par de semanas, no CGAI, os alumnos de catro centros galegos proxectaban os seus traballos. Ese evento humilde, lonxe de ser o clásico acto escolar, converteuse na mostra de catro filmes con mirada propia e criterio estético, e un encontro posterior con referencias pouco comúns mais necesarias. Tratábase das pezas resultantes de Cinema en Curso, un programa de pedagoxía do cinema en escolas e institutos e que conta coa colaboración dos cineastas galegos Ángel Santos,... Ler máis
APPROACHING THE ELEPHANT, de Amanda Rose Wilder
Non pode existir a educación libre, porque se deixades a un neno ceibo non o educaredes. Gilbert Keith Chesterton A contundencia das palabras de Chesterton choca co enfoque que durante case un século foi a base dunha educación desprovista dos patróns dogmáticos e disciplinarios nos que se sustenta a educación convencional, como é o caso das escolas libertarias. Estas propoñen dar liberdade aos nenos para que expresen a súa creatividade e individualidade con actividades... Ler máis
SOBRE O PASO DE ABBAS KIAROSTAMI POR BARCELONA
Case unha década despois da visita de Abbas Kiarostami a Barcelona con motivo da exposición ‘Erice – Kiarostami. Correspondencias’, o cineasta iraniano regresa á cidade aos seus setenta e catro anos para impartir un curso, inaugurar unha retrospectiva e pronunciar varias conferencias. Despois de arrincar en Bogotá, e con pretensión de estenderse a diferentes cidades do mundo, ‘Filmando en Barcelona con Abbas Kiarostami’ é un obradoiro práctico... Ler máis
O VIDEOXOGO COMO FERRAMENTA DE APRENDIZAXE CINEMATOGRÁFICA
A percepción do cinema (e por cinema entendo tamén a televisión e as súas series) é algo en constante crecemento. Non nacemos sabendo interpretar as imaxes, senón que co paso dos anos consumindo esas imaxes chegamos a desenvolver un certo sentido visual. Moitos docentes e investigadores avogan pola necesidade de ensinar aos mozos a ver cinema e televisión, a debullar os centos de horas de produtos audiovisuais que consumen. Esta comprensión do medio é necesaria, como... Ler máis
DOC LISBOA 2013 (1/2): PROGRAMAR É POLÍTICA
Doc Lisboa. Un festival que conta con seis salas nas que se están a pasar filmes de maneira simultanea, e ás que aínda se lle suman actividades paralelas e outro par de espazos con proxeccións máis esporádicas. Un festival no que chegar dunha sala a outra leva unha media de 20 a 45 minutos, aínda utilizando o metro. En resumo, un verdadeiro mastodonte cinematográfico. Loxicamente, imposible ver todo, tópico que se di en case todos os certames, pero aquí non esaxeramos.... Ler máis
APUNTAMENTOS SOBRE ADOLESCENCIA E SEXUALIDADE NO CINEMA
O verdadeiro obxecto da educación, coma o de calquera disciplina moral, é procrear a felicidade. William Goldwing Basta unha ollada ao revelador libro Shere Hite responde a las cartas de los jóvenes sobre el sexo para comprobar que as dúbidas, preocupacións e intereses dos adolescentes respecto da sexualidade van moito máis alá das reiteradas cuestións sobre a primeira vez, o embarazo ou as enfermidades de transmisión sexual. Algunhas das cuestións que os mozos expoñen... Ler máis