EMA, de Pablo Larraín
Un dos filmes que máis deu de falar no pasado 2019 foi a última obra de Noah Baumbach Marriage Story. Nel asistimos ao declive e deterioro dunha relación na que o fillo do matrimonio é empregado como unha peza de intercambio entre as discusións. Ema, en certa forma, trata o mesmo tema pero desde un prisma máis amplo, abarcando cuestións que exceden a parella que forman Ema (Mariana Di Girolamo) e Gastón (Gael García Bernal). A parella de bailarina e coreógrafo que forman... Ler máis
O MELLOR DE 2015
Presentamos a continuación a nosa listaxe do mellor do ano 2015, obtida das votacións dos nosos colaboradores. As películas que aparecen en primeira posición puntúan dez puntos e van baixando ata un na décima posición. Hai colaboradores que preferiron non establecer orde de preferencia. Nese caso, outórganse cinco puntos a cada filme. No caso de As Mil e Uma Noites de Miguel Gomes, houbo quen preferiu especificar que parte das tres votaba, mais decidimos por motivos prácticos... Ler máis