RESEÑA DE ‘IMÁGENES RESISTENTES. TEMÁTICAS, NARRATIVAS Y ESTÉTICAS DEL OTRO CINE ESPAÑOL’
O Festival de Cinema Europeo de Sevilla é, posiblemente, o mellor lugar hoxe en día para estrear un filme independente dalgunha das cinematografías nacionais dentro do territorio español. Con Málaga e Donostia ollando cara un cinema de autor máis industrial, ou cando menos de orzamentos folgados, todos aqueles títulos que se sitúan na periferia do mercado contan na cidade andaluza cun excelente escaparate que achega prestixio ás súas propostas. Para afirmar con tanta... Ler máis
EL ÚLTIMO VERANO, de Jacques Rivette
LOITO E MELANCOLÍA · No cine de Jacques Rivette o teatro convértese nunha casa La bande des quatre (1988) e a casa nun teatro L´amour par terre (1984). O teatro é mecanismo e vía de acceso ao territorio das pantasmas. En 36 vues du Pic Saint-Loup (2009), Rivette cambia o teatro polo circo. A pantomima do circo será o mecanismo axeitado para exorcizar as pantasmas do pasado de Kate (Jane Birkin) e, ao mesmo tempo, devolvela ao presente, traela de novo á pista, coa... Ler máis