18.ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Seccións Oficiais
Porte de Clichy, de Sébastien Marziniak Un ano máis, acompañamos ao Museo do Pobo Galego na celebración da MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico), cuxa décimo oitava edición transcorreu en Santiago de Compostela entre o 15 e o 21 de marzo de 2023. Como acostuma facer na súa vontade de expandir a experiencia dos asistentes, a mostra ofreceu este ano unha sección organizada en colaboración co MDOC (Festival Internacional de Documentário de Melgaço), así como... Ler máis
Curtocircuíto 2022: Planeta GZ
Proxecto X (Sol Mussa, 2022) Santiago de Compostela volveu celebrar, como cada outono, a súa cita anual co cinema independente e de vangarda. O Festival Curtocircuíto regresou aos teatros da capital con numerosas actividades relacionadas co audiovisual que non só se limita ao formato monocanal proxectable, senón que inclúe na súa programación mostras performativas como a danza ou o live-cinema, un variado cartel de artistas musicais e DJ sets, ademais de encontros, mesas... Ler máis
Curtocircuíto 2021: Planeta GZ, reciclaxe fílmica
Augas abisais, de Xacio Baño Curtocircuíto volveu a Santiago de Compostela un ano máis como un dos festivais con programacións máis frescas e arriscadas de toda Galicia. Asistimos a Planeta GZ, onde se agrupan algunhas das curtametraxes máis destacables do panorama autonómico do último ano. Chama a atención, unha vez máis, o choque xeracional cada vez máis consolidado que existe —e toda a diversidade que esta ponte supón—, entre voces habituais como Eloy Domínguez... Ler máis
Play-Doc 2021: Dun tempo e dunha terra
Esquirlas (Natalia Garayalde, 2020) O Play-Doc, festival internacional de cinema documental de Tui, celebrou entre os pasados 22 e 26 de setembro a súa decimo sétima edición. Ademais de ofrecer a oportunidade de asistir por primeira vez en España a retrospectivas de históricos cineastas do xénero, como Manfred Kirchheimer ou Bette Gordon, presentou, como vén sendo habitual, unha coidada selección de filmes na súa sección oficial, composta nesta ocasión por tan só cinco... Ler máis
16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Sección Oficial
Hostal España, de Chus Domínguez e Inma Álvarez Dezaseis anos leva a MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) sendo un dos eventos máis importantes do ano para o Museo do Pobo Galego. Por desgraza, como o ano anterior, a pandemia afectou ao seu desenvolvemento e a organización tivo que tomar novas vías para o correcto funcionamento da mesma. Desde a casa, tivemos o pracer de gozar dalgunhas das once películas que conformaron este ano a Sección Oficial. Películas... Ler máis
Porto/Post/Doc 2020: As pegadas do noso ser (I)
Partida (2020), de Caco Ciocler O festival Porto/Post/Doc xurdiu no ano 2014 coa vontade de programar e visibilizar o documental a nivel nacional e internacional na cidade invicta. Esta edición presentouse como unha reafirmación na súa aposta pola cultura e agasallou tanto aos espectadores como aos participantes con boas novas. A causa das restricións e limitacións que afectaron ao certame, que tivo lugar entre o 20 e o 29 de novembro, habilitouse unha modalidade de visionado... Ler máis
15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Sección Oficial
The Season when Velvet Antlers get Ripe, de Galina Leontieva Este ano cúmprese o quince aniversario da inauguración da MICE (Mostra Internacional de Cine Etnográfico) promovida polo Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Por desgraza, nesta ocasión especial, a pandemia mundial supuxo unha anomalía no seu desenvolvemento, forzando a suspensión do festival uns días antes do estado de alarma o pasado mes de marzo. Finalmente, a organización, preocupada pola crise... Ler máis
Unha cinematografía seria (II)
JEDN en El cine amateur (1965) JEDN: o cómico do cinema galego (Vén de aquí) A mostra de humor máis potente, ideolóxica e transgresora, é parte da produción amadora, da man do catalán afincado en Galicia José Ernesto Díaz Noriega ou JEDN. Ademais de “cineísta”, que era o nome que se daban a si mesmos os amadores cataláns, JEDN convertiuse nun mestre de cinema para toda unha xeración de mozos que querían facer filmes, tal e como recorda Miguel Castelo. Castelo... Ler máis
Unha cinematografía seria (I)
Fotograma de Os Suevos (1974) de José Ernesto Díaz Noriega O profundo e variado legado humorístico da cultura galega, desde as súas expresións populares como o entroido, a retranca -etimoloxicamente porta cun peche dobre e, polo tanto, produto dunha actitude defensiva- ou o cancioneiro popular e a súa querencia polo escatolóxico e procaz, así como as cultas e literarias, farían pensar que a expresión audiovisual se contaxiaría desta vitalidade cómica. Porén, son escasas... Ler máis
Hamada, de Eloy Domínguez Serén
Falar do cinema de Eloy Domínguez Serén é falar dun cinema de diásporas. O seu anterior filme, Ingen Ko Pa Isen (2015) exploraba a experiencia migratoria e a aprendizaxe dunha lingua en primeira persoa. Antes, tamén se achegaba a estes outros lugares e as estas persoas desprazadas dunha ou outra forma. Jet Lag (2014) non é outra cousa que un thriller que nace da intención de documentar ese espazo misterioso e rutineiro que é a noite para un empregado dunha gasolineira. En... Ler máis