“PENSAR O TEMPO E O ESPAZO: ISO É O CINEMA”

A Spell to Ward off the Darkness é a primeira colaboración entre os cineastas Ben Russell e Ben Rivers, na que indagan nas posibilidades do sentimento espiritual nun mundo secular. Puidemos ver o work in progress deste esperado filme na última edición de Punto de Vista, e aproveitamos a (S8) Mostra de Cinema Periférico para manter unha breve conversa con eles sobre as craves da película. Como traballastes xuntos ao longo de todo o proceso, da escritura á montaxe? Russell:... Ler máis

(S8) 2013: CONDENSAR, MEDRAR

Nunha mostra na que o carácter performativo das sesións é o principal atractivo, a intervención no espazo resulta fundamental. Por iso as dúas primeiras edicións do (S8) Mostra de Cinema Periférico, celebradas no antigo cárcere d’A Coruña, tiveron algo máxico ou romántico, con certo pouso político. O pasado ano, o evento trasladouse forzosamente ao Centro Ágora, moi lonxe do centro da cidade, mal comunicado; edificio gris e sen personalidade, que restou impacto... Ler máis