O ESPECTÁCULO DA VIDA

O relato vai, volve, muta, non hai xeito de tiralo da cabeza: temos a estrutura narrativa marcada a lume no pensamento, na nosa propia linguaxe. Cada vez que tentamos artellar dúas frases, dúas ideas ou mesmo dúas imaxes creamos ligazóns que, sumadas, van cara algures. Pasada a fase heroica modernista, na que os artistas exploraron os límites do discurso e da linguaxe (pensai en Beckett, pensai na dificultade de entender as súas obras e na fascinación que producen), a... Ler máis

TRAUMATISMO CINEMATOGRÁFICO

Todos estamos traumatizados, dun xeito ou doutro, con máis ou menos motivos. Todos sufrimos algunha desgraza, desgusto ou mala experiencia que nos deixou unha fonda pegada. No mellor dos casos, o trauma fica gardado no noso inconsciente como unha mala lembranza, como unha peza máis da nosa identidade; mais no peor, o trauma emerxe unha e outra vez, fóra de control e de contexto, até converternos nalguén que, como dicían na miña aldea, ‘está mal dos nervios’.... Ler máis