LA VIDA LLIURE, de Marc Recha

“Lémbrome del como se fose onte, a arrastrar os pasos até a porta da hospedaría, e do cofre que o seguía nunha carreta; alto, forte e pesado, era un home acastañado; o cabelo oleoso caíalle nos ombros do abrigo azul sucio; as mans encalecidas e cubertas de cicatrices, as unllas negras e rachadas, e a marca do golpe de sabre a través do rostro era dun branco sucio e lívido”. Así rememora Jim Hawkins o momento en que a súa vida se cruzou por vez primeira coa de Billy... Ler máis

O ESPECTÁCULO DA VIDA

O relato vai, volve, muta, non hai xeito de tiralo da cabeza: temos a estrutura narrativa marcada a lume no pensamento, na nosa propia linguaxe. Cada vez que tentamos artellar dúas frases, dúas ideas ou mesmo dúas imaxes creamos ligazóns que, sumadas, van cara algures. Pasada a fase heroica modernista, na que os artistas exploraron os límites do discurso e da linguaxe (pensai en Beckett, pensai na dificultade de entender as súas obras e na fascinación que producen), a... Ler máis