ISAKI LACUESTA: “COMO DIRECTORES METÉMONOS NA PEL DOUTRAS PERSOAS”

Isaki Lacuesta © Jorge Fuembuena Isaki Lacuesta (Xirona, 1978) escribiu e dirixiu nove longametraxes, numerosas curtametraxes e presentou diversas vídeo-instalacións en museos de todo o mundo. O seu cinema oscila entre o documental e a ficción sen pecharse en xéneros nin en formatos preestablecidos. Coa súa última película de ficción, Entre dos aguas, obtivo a segunda Cuncha de Ouro da súa carreira no Festival de Cine de San Sebastián e os premios á mellor película... Ler máis

ENTRE DOS AGUAS, de Isaki Lacuesta

‘Flotando como un velero’ Comeza Entre dos aguas e por un momento Isra volve ser o neno de La leyenda del tiempo (Isaki Lacuesta, 2006), pero doce anos despois as imaxes teñen algo de evocación, dun tempo pasado que non volverá. Trátase da fermosa escena ao carón dunha árbore coa que se pechaba a historia de Isra e Cheíto en 2006. Pasou un ano e algúns meses desde que Isra presenciou o asasinato do seu pai, e o mozo xa non ten ganas de cantar. “Non é algo para... Ler máis

SAN SEBASTIÁN 2018: APUNTES PARA UNHA CRÓNICA

Pretender efectuar con plena satisfacción unha visita rápida a un festival xigantesco como o de San Sebastián, incluso cando as xornadas alí son varias e as proxeccións acontecen por decenas, supón para calquera cinéfilo unha ardua tarefa. Abordar de forma parcial unha programación de seu impoñente ten como consecuencia o descarte inevitable de moitas das súas mellores propostas, aínda que tamén aporta unha maior finura na elección: o labor de peneirar a programación,... Ler máis