PATERSON, de Jim Jarmusch

Tódolos días son igual de diferentes. As nosas rutinas poden resumirse nun feixe de verbos e substantivos que non mudan dun día para outro, mais as diferenzas están nos adxectivos, nas emocións que nos acompañan, nas persoas que atopamos, nas conversas que temos. O mundo está á nosa espera: só fai falla saír da cama. Por iso, Jim Jarmusch comeza cada un dos oito fragmentos que forman o seu último filme coa mesma imaxe: un plano cenital do protagonista acordando na... Ler máis

AMAR, BEBER E CANTAR: O CINEMA EPICÚREO DE OTAR IOSSELIANI

Un dos motivos polos que coñecemos a obra de Otar Iosseliani ao sur dos Pirineos é grazas á súa conexión basca: o Donostia Zinemaldia adicoulle unha primeira retrospectiva aló polo 2001, e agora, hai pouco máis dun mes, o último Punto de Vista programou media ducia dos seus filmes, entre os que se atopaba a mediometraxe televisiva Euskadi été 1982, da que xa falamos nunha das nosas crónicas dese festival. A inclusión desta peza no ciclo Chez les Basques serviu para... Ler máis